Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.
- Web escolas: eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Tecnoloxía aplicada ao deseño gráfico
- Disciplina: Técnicas audiovisuais e de animación
- Carácter: Obrigatoria na especialidade (O.E.)
- Tipo: Teórico-práctica (T.P)
- Curso: 3º
- Créditos ECTS: 12
- Duración: Anual
- Horas de clase semanais: 4
- Horas de traballo non presencial: 144
- Horas de titoría: 12
Descritores
Técnicas audiovisuais: produción e edición. Técnicas de animación.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.
Relación con outras disciplinas de contidos progresivos
Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.
Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
Nesta disciplina preténdese que o alumnado aprenda a guionizar e realizar tomas de imaxes cos medios apropiados susceptibles de seren utilizadas en edicións e montaxes audiovisuais tanto de imaxe real como de animación, atendendo a unha temática ou proxecto proposto; así como a describir e aplicar os medios materiais habituais utilizados na elaboración de audiovisuais de produción básica.
Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Formativa
- Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
- Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
Sumativa
- Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
- Establecer balances dos resultados.
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.
Competencias transversais
T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.
T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T.9. Integrarse adecuadamente en equipos multidisciplinares e en contextos culturais diversos.
Competencias xerais
X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.
X.7. Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.
X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.
X.15. Coñecer procesos e materiais e coordinar a propia intervención con outros/as profesionais, segundo as secuencias e graos de compatibilidade.
X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.
Competencias específicas da titulación
E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.
E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.
E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.
E.G.12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.
Contidos
- Aproximación aos médios audiovisuais.
- A linguaxe audiovisual.
- Documentación audiovisual.
- O rexistro da imaxe en movemento.
- Realización audiovisual.
- Montaxe e edición.
- Diferencias técnicas e de linguaxe entre TV e cine.
- A produción de publicidade.
- Introducción á animación.
- O deseño gráfico audiovisual.
Organización
Distribución horaria
A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.