A escola Pablo Picasso

A Escola

A Escola

Historia

La carta de solicitud del padre de Picasso al director de la Escuela

La carta de solicitud del padre de Picasso al director de la Escuela

Una matrícula en la asignatura de “Dibujo y Adorno”

Una matrícula en la asignatura de “Dibujo y Adorno”

Acta de notas

Acta de notas

A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso honra co seu nome ao noso alumno máis universal, o rapaz que foi Pablo Ruiz Picasso, que iniciou a súa formación artística na Coruña, na escola de Belas Artes da que a actual EASD é herdeira.Picasso chegou á Coruña en outubro de 1891 porque o seu pai lograra praza como profesor na antedita Escola Provincial de Belas Artes da Coruña que, xusto un ano antes, en 1890, fora inaugurada. O solemne edificio, no que o patricio coruñés Eusebio da Guarda investiu un millón de pesetas da época, albergaba entón a Escola na súa primeira planta e, na segunda, o Instituto de Segunda Ensinanza.

En outubro de 1892, unhas semanas antes de cumprir os 11 anos, Pablo Ruiz Picasso inicia os seus estudos artísticos. Durante os dous primeiros exercicios académicos (1892-1893 e 1893-1894) matricúlase en Debuxo de figura e adorno. Os seus profesores durante estes cursos foron o seu pai, José Ruiz Blasco; o coruñés Román Navarro e o alacantino Antonio Amorós y Botella.

No último curso (1894-1895) matricúlase en tres materias, das cales só se chegará a examinar da primeira: Debuxo de figura (sección do xeso); Pintura e copia do natural; e Debuxo do antigo (copia do xeso). Nas dúas primeiras os profesores son os antes citados, aínda que Román Navarro só exerce durante uns meses, mentres que na última o docente era o santiagués Isidoro Brocos.

Os traballos destes anos dan conta do progreso do alumno, que pasa da copia de láminas de autores franceses ata o dominio absoluto do debuxo académico do natural. Tamén atestiguan xa a presenza dalgúns dos leitmotivs do imaxinario picassiano: o primeiro dos innumerables faunos que producirá o artista é un dos modelos de escaiola que adornan os nosos corredores e aínda hoxe debuxan os nosos estudantes. O “Home con cordeiro”, protagonista de tantas obras de Picasso, está xa na súa iconografía coruñesa nun carboncillo de 1894.

No ano 1895, último da etapa coruñesa de Picasso, acontecerán dous feitos clave para o artista: o 10 de xaneiro falece a súa irmá Conchita aos 7 anos de idade, vítima da difteria; e o 20 de febreiro realiza a súa primeira exposición de pintura no número 20 da rúa Real.

Expón nesa primeira mostra algúns dos lenzos que, baixo a tutela do seu pai, pinta probablemente na escola. Moitas das obras coruñesas pintadas por Picasso o acompañaron durante toda a súa vida, mudanza tras mudanza. Nalgunha ocasión chegou a decir que eran mellores que moitas obras das etapas azul e rosa.

Picasso, que obtén cualificacións brillantes durante o seu paso pola Escola, asiste ás clases ata a súa marcha en abril de 1895. Un adeus que se produce antes de finalizar o curso e que ten como explicación a permuta que o seu pai fai da súa praza na Coruña con Román Navarro, quen lograra cátedra na Escola de Belas Artes de Barcelona.

A formación académica de Picasso na Coruña conclúe o 29 de marzo de 1895, data en que realizará un exame «extraordinario de proba de curso» en Debuxo de figura (sección do xeso), pois moi pronto, o 14 de abril, abandonará para sempre a cidade atlántica. Asinarán o acta cun Sobresaliente, os profesores Leopoldo Sánchez, Román Navarro e Isidoro Brocos. Pablo non se examinará da materia de Pintura, aínda que na crítica que a súa primeira exposición recibiu na prensa local aprobaría con nota, co agoiro profético de que acadaría «días de gloria e un porvir brillante».

Texto: Elena Pardo Antequera.

A Escola

As nosas instalacións

A sede actual da Escola, na rúa Pelamios, foi deseñada polo arquitecto José Antonio Corrales, Premio Nacional de Arquitectura (1948, 2001), e comezou a construírse en 1983. Até entón, a sede da mesma era o Instituto da Garda (situada na praza de Pontevedra) onde compartía o espazo cos estudantes da devandita institución. A súa construción terminou en 1986 e unha vez efectuado o traslado, foi inaugurada o 14 de novembro de 1988 polo Vicepresidente da Xunta de Galicia, Javier Suárez Vence-Santiso e o Conselleiro de Educación da Xunta de Galicia, Aniceto Núñez García. Neses momentos a Directora da Escola era Carmen Serantes López.

A Escola atópase situada fronte á Enseada dos Pelamios, tras o Paseo Marítimo e entre as rúas dos Pelamios e a rúa Sacerdote Manuel Espiña; podendo acceder a ela desde a Rúa de Orillamar.

Conta con 5 niveis de altura, coa seguinte distribución:

Nivel 3

  • Sala de profesores.
  • Baño de profesores.
  • 2 despachos.
  • 1 zona de almacén.
  • Vivenda do conserxe.
  • Aseo de profesores.

Nivel 2

  • 3 Aulas Teóricas.
  • 2 Aulas Debuxo.
  • 2 Aulas Proxectos.
  • 2 Aulas Informática.
  • Aseos.

Nivel 1

  • 1 Aula Proxectos.
  • 1 Aula Debuxo.
  • 1 Aula Audiovisuais.
  • Administración (3 despachos).
  • Secretaría.
  • Conserxería.
  • Cafetería.
  • Biblioteca.
  • Aseos.

Nivel 0

  • Salón de Actos (capacidade: 250 persoas).
  • Taller de Fotografía.
  • Laboratorio de Fotografía.
  • Taller de Dourado.
  • Taller de Maquetas.
  • Taller de Valeirado.
  • Taller de Grabado.
  • Taller de Volume.
  • Taller de Cerámica.
  • 4 zonas de almacén.
  • Aseos.

Nivel -1

  • Taller de Estruturas.
  • Taller de Es. Efémera.
  • Taller de Madeira.
  • Axenda
  • Empresas