Do 16 ao 20 de decembro terán lugar as III Xornadas de Arte e Deseño organizadas pola nosa EASD.

Henry Cartier-Bresson dixo que fotografar é colocar a cabeza, o ollo e o corazón nun mesmo eixo. Nós facémolo extensible ás mans, que tamén teñen que alinearse co que di a cabeza e o que sinte o corazón cando nos introducimos no proceso creativo.

Ao longo de 5 días, contaremos coa presenza de profesionais do ámbito da fotografía, da ilustración, do dourado, da animación, do deseño gráfico e de interiores.

Todas as conferencias terán lugar no Salón de Actos da EASD Pablo Picasso. A entrada é de balde e aberta a todo o público, ate completar aforo.

O luns 16 de decembro, ás 12:00, o fotógrafo X. Gago Pesquera impartirá unha charla titulada: Papeis en Artes Plásticas: Características e conservación.

E pola tarde, ás 16:00h, Gago e o alumnado do CS de Fotografía poderá deixar a un lado as cámaras dixitais e poñer o carrete nunha cámara analóxica nun taller titulado: O carbón directo.


E o mesmo luns 16 de decembro, ás 18:00h Iria-Friné Rivera impartirá unha charla sobre a figura de Camilo Díaz Baliño.


Para abrir a xornada do martes, ás 11:00h, Virginia Curiá e Tomás Conde, fundadores de Algarabía Animación falarán con nós sobre “Animación con plastilina: o proceso creativo”.

Foto: Alberte Peiteabel

www.youtube.com/algarabia/


Seguindo coa xornada do martes 17 de decembro, ás 12:30h teremos a Iñaki Quenerapú impartindo a charla: “Single Serving Sites como exhibición de talento”, na que coñeceremos a curiosa historia deste referente de cultura pop en Internet e veremos algúns exemplos de Single Serving Sites que foron utilizados para exhibir e promocionar o talento dos seus autores/as.

www.boaidea.gal


O mércores, 18 de decembro ás 11:00 charlamos con Borja Martínez, director creativo e fundador de LoSiento Studio, formado por un equipo de 6 profesionais que traballan nos campos do deseño corporativo, packaging, restauración ou deseño de web e exposicións.

www.losiento.net


O mércores 18 de decembro, ás 12:30h, *s amantes da infografía temos unha cita con Álvaro Valiño. Baixo o título “Data love visuals”, falará sobre a representación visual de información como unha ferramenta valiosa para dar sentido ao mar de datos que nos rodea. Entre outras cousas pode reducir a complexidade, facilitar a comprensión, axudar a detectar patróns ou permitir sacar conclusións rápidas ademais de dotar dun valioso contexto aos datos que representan.

www.alvarovalino.com


Na xornada da tarde do mércores 18 de decembro, ás 18h, Adrián Prado levaranos a explorar os diversos procesos creativos e técnicos, así como á toma de decisións e gasto de recursos, no camiño de converterse nun profesional dentro do mercado do Concept Art e da ilustración.

www.artstation.com/adrianprado


Damos comezo á xornada do xoves 19 de decembro, ás 11:00h, con Ricardo Tubío e Xabier Rilo, deseñadores no Estudio Cenlitrosmetrocadrado, que nos achegarán á filosofía do estudio a través do traballo desenvolvido.

www.cenlitrosmetrocadrado.com


O xoves 19 de decembro, ás 13:00h David González Queiro, ex-alumno da nosa Escola falaranos sobre “Copiar: da folla en branco aos detalles finais”.

www.dgqueiro-blog.tumblr.com


E na xornada de tarde do xoves 19, ás 18:00h Fani Barreiro, fará un percorrido pola súa traxectoria profesional como ceramista e explicará como aborda cada proxecto nunha charla titulada “Cada un ve aquelo que sabe”

Foto: Eduardo Armada para Artesanía de Galicia

www.instagram.com/fanisanchezbarreiro


Pechamos as 3XAD o venres 20 de decembro, ás 11h, con Curro Gutiérrez adentrándonos na labor dun “Scriptorium no século XXI” e coñeceremos como compaxina o seu labor formativo cos encargos de Iluminación de Manuscritos e Caligrafía que realiza no día a día.

Foto: Diario Sur

www.scriptoriumyayyan.com


As fotografías utilizadas na imaxe gráfica das III Xornadas de Arte e Deseño foron realizadas polo alumnado de 1º curso de Fotografía, no módulo de Proxectos de Fotografía impartido por Concha Salgado:

A todos e todas, moitas grazas!