Temos previstas dúas actividades para conmemorar o 25N, para dar voz a quen non pode berrar, para frear esta lacra social, avivar conciencias e mostrar toda a nosa repulsa e solidaridade cas vítimas de maltrato pola diversidade sexual, por non ter corpos normativos, por ter una diversidade funcional, pola violencia laboral, violencia institucional, física, psíquica, sanitaria, judicial, sexual, etc. Basta xa! Querémonos vivas e libres!
NON ÁS GUERRAS, nin en Palestina, nin en Ucrania, nin ninguna das 58 guerras que hai, mulleres violadas en guerras interminables, mulleres e nenas secuestradas, vendidas e asesinadas, un mundo onde a violencia e a represión ás mulleres é constante, por razóns políticas, por relixión ou por tradicións patriarcais.
NON MÁIS VIOLENCIAS MACHISTAS
A primeira desas actividades terá lugar no Taller de Dourado no que están preparando un obradoiro artístico:
CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS 25N
O martes 26 de novembro de 9 a 13h, todas e todos estades convidados a ilustrar con nós empregando unha das técnicas tradicionais decorativas denominada ✨ESTOFADO✨ . Trátase dunha técnica de dourado e policromía que consiste en aplicar un pigmento sobre unha superficie dourada, neste caso mourada, e esgrafiar o mesmo para descubrir o metal, creando efectos de profundidade e riqueza visual.Con todas as obras realizadas, farase unha exposición polas instalacións da Escola.
E o día seguinte, mércores 27 de novembro, ás 11h no Salón de Actos, terá lugar unha charla titulada: “Non hai escusas para calar ante os comentarios machistas que escoitas na túa contorna”. Esta Charla – Taller está enmarcada na campaña do día 25 de Novembro, día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres, pero tamén vanse abordar as violencias machistas que afectan ao colectivo LGTBIQA+. Será impartida por Eva Igualada Sañudo (Psicóloga do Centro de Información ás Mulleres), Belén Sanjurjo Rodríguez (Técnica de Igualdade do Centro de Información ás Mulleres) e Marielle de Almeida Hochmuller (Técnica do Espazo Diverso) do Concello de A Coruña.