Acto de Gradación Ensinanzas Superiores de Deseño. Venres 1 de xullo ás 18:30h no Salón de Actos da EASD.
Os nosos titulados Superiores en Deseño Gráfico e Deseño de Interiores celebran o seu Acto de Gradación o venres 1 de xullo ás 18:30h no Salón de Actos da EASD. O alumnado da promoción de 2012/16 organizou un acto que inaugurará o Director, D. Manuel Andrés Soto. A continuación, será a quenda dos padriños de cada especialidade e posteriormente, tomarán a palabra os representantes do alumnado: D. Jesús Hermelo e D. Pablo Paz, de gráfico e interiores, respectivamente.
Cara a ao final do evento, chegará un dos momentos máis emotivos, coa imposición das bandas e a entrega dos diplomas. Esperamos a asistencia de docentes, familiares e amigos, para acompañar aos recentemente titulados neste final dunha etapa académica.