Administración Ensinanzas Artísticas Superiores

Son estudante

Administración

Ensinanzas Artísticas Superiores

Alumnado que xa está na Escola

Prazo de matrícula finalizado.

Xuntanza co alumnado e entrega da normativa

1º Cuatrimestre:

    • Xoves 26 de setembro de 2024 ás 15:00 horas no Salón de Actos (Deseño Gráfico).
    • Xoves 26 de setembro de 2024 ás 16:00 horas no Salón de Actos (Deseño de Interiores).

2º Cuatrimestre:

        • Xoves 6 de febreiro de 2025 ás 15:00 horas no Salón de Actos (Deseño Gráfico).
        • Xoves 6 de febreiro de 2025 ás 16:00 horas no Salón de Actos (Deseño de Interiores).

Entregarase ao alumnado a documentación que se reflicte de seguido:

    • Prazos, condicións e documentación precisa para a presentación e defensa das propostas de traballo por parte do alumnado, calendario e horario de defensa das propostas.
    • Información sobre titorías e horario semanal de atención. Solicitude de preferencia de titores.
    • Calendario de realización, prazo e forma de entrega; calendario e horario de defensa do TFE.

Presentación de propostas ao departamento e asignación definitiva de titores

1º Cuatrimestre

  • xoves 3 de outubro de 2024 ás 15:00 horas (Deseño Gráfico).
  • xoves 3 de outubro de 2024 ás 16:00 horas  (Deseño de Interiores).

2º Cuatrimestre

  • xoves 13 de febreiro de 2025 ás 15:00 horas (Deseño Gráfico).
  • xoves 13 de febreiro de 2025 ás 16:00 horas (Deseño de Interiores).

Data de entrega do TFE

1º Cuatrimestre

  • Convocatoria Ordinaria: venres 24 de xaneiro de 2025, de 09:00 a 14:00 horas, na oficina da EASD.
  • Convocatoria Extraordinaria: venres 21 de febreiro de 2025, de 09:00 a 14:00 horas, na oficina da EASD.

2º Cuatrimestre

  • Convocatoria Ordinaria: venres 30 de maio de 2025, de 09:00 a 14:00 horas, na oficina da EASD.
  • Convocatoria Extraordinaria: martes 17 de xuño de 2025, de 09:00 a 14:00 horas, na oficina da EASD.

Data de defensa do TFE

1º cuatrimestre

  • Convocatoria Ordinaria:
    • Deseño Gráfico: xoves 30 de xaneiro de 2025 ás 10:00h no Salón de Actos.
    • Deseño de Interiores: xoves 30 de xaneiro de 2025 ás 16:00h no Salón de Actos.
  • Convocatoria Extrordinaria:
    • Deseño Gráfico: xoves 27 de febreiro de 2025 ás 10:00h no Salón de Actos.
    • Deseño de Interiores: xoves 27 de febreiro de 2025 ás 16:00h no Salón de Actos.

2º cuatrimestre

  • Convocatoria Ordinaria:
    • Deseño Gráfico: xoves 5 de xuño de 2025 ás 10:00h no Salón de Actos.
    • Deseño de Interiores: xoves 5 de xuño de 2025 ás 16:00h no Salón de Actos.
  • Convocatoria Extrordinaria:
    • Deseño Gráfico: venres 20 de xuño de 2025 ás 10:00h no Salón de Actos.
    • Deseño de Interiores: venres 20 de xuño de 2025 ás 16:00h no Salón de Actos.

Publicación das calificacións

1º Cuatrimestre

  • Convocatoria Ordinaria: mércores 5 de febreiro de 2025 (Revisións: 6 e 7 de febreiro)
  • Convocatoria Extraordinaria: xoves 6 de marzo de 2025 (Revisións 7 e 10 de marzo).

2º Cuatrimestre

  • Convocatoria Ordinaria: martes 10 de xuño de 2025. (Revisións 11 e 12 de xuño)
  • Convocatoria Extraordinaria: mércores 25 de xuño de 2025. (revisións 26 e 27 de xuño)

Renuncia de convocatoria

As solicitudes de anulación de convocatoria presentaranse perante a directora do centro ata o día lectivo anterior á data de entrega de cada convocatoria.

Alumnado que xa está na Escola

PRAZO DE MATRÍCULA DO 26 DE XUÑO AO 2 DE XULLO 2024

  • Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social.
  • O importe exacto de 1,12€ para o abono do seguro escolar, se é menor de 28 anos.
  • Xustificante de solicitude da Beca MEC.
  • Aclaración: O abono das taxas de matrícula queda pendente da publicación do novo Decreto; avisarase posteriormente ao alumnado que se vexa afectado.

Administración

Ensinanzas Artísticas Profesionais

Calendario probas finais febreiro 2025 EEAAPP Fotografía e EEAAPP Ilustración

Calendario probas finais xuño 2025 EEAAPP Fotografía e EEAAPP Ilustración

Calendario probas finais febreiro 2025 EEAAPP Dourado e EEAAPP Escultura

Calendario probas finais xuño 2025 EEAAPP Dourado e EEAAPP Escultura

As cualificacións pódense consultar a través de Codex.pro

Inscrición

 O alumnado do CF correspondente deberá notificar ou comunicar á Xunta de Titores a súa preferencia para a elección da titora ou titor, na data sinalada na Normativa da correspondente convocatoria

Información sobre os titores

Cada Xefatura de Departamento fará a adxudicación de titores en presenza de todos os profesores propostos coma tales, dándolle prioridade á preferencia manifestada polos alumnos e axustando o número de pupilos por profesor con criterios equitativos. Nomearanse tres titores por cada CF tal como se establece no apartado 1-3. Nese acto se constituirá unha Xunta de titores, unha por cada CF, e elixirase un membro que coordinará as actuacións de cada unha destas Xuntas.

O alumnado presentará ante a Xefatura de Departamento a súa proposta de PI, se fose o caso, nos días indicados na normativa do curso correspondente. Cada coordinador das Xuntas de titores convocará unha reunión conxunta de alumnos e titores para:

  • Adxudicar titores. Explicar o PI a desenvolver.
  • Entregar a correspondente documentación dese PI.
  • Explicar a proposta/as da Xunta de titores.
  • Aceptar ou rexeitar as propostas alternativas dos alumnos, se fose o caso.
  • Resolver cantas dúbidas se susciten.

A data desta reunión deberá ser comunicada aos alumnos e aos restantes membros da Xunta de titores, con polo menos, dous días lectivos de antelación e deberá ser exposta no taboleiro de anuncios.

Estructura do Proxecto Integrado

A Xunta de titores do PI de cada CF determinarán e comunicarán ao alumnado as características comúns do PI que realice o alumnado, a documentación mínima que deberá presentar o alumnado, o calendario de actuacións e os horarios individualizados de titorías, así como as datas e procedemento de entrega dos traballos, os criterios de avaliación e a data de cualificación.

Na estrutura e avaliación do PI teranse en conta os criterios establecidos no Decreto 92/2015, para o CS de Fotografía, Decreto 95/2015 para o CS de Ilustración, Decreto 94/2017 para o CS de Escultura aplicada ao espectáculo e Decreto 92/2017 para o CS de Dourado Prateado e Policromia.

Actuacións da Xunta de titores

O alumnado fará entrega do seu PI, do xeito, forma e nas datas que a Xunta de titores determine comunicándoo esta, no taboleiro de anuncios da Escola con polo menos cinco días lectivos de antelación. A data de entrega do PI será determinada por cada xefatura de Departamento con polo menos 5 días de antelación.

Entre a data de entrega do PI e a publicación da acta de avaliación realizarase a presentación, comunicación e defensa do PI. A data e lugar da presentación e defensa será comunicada no taboleiro da Escola logo da entrega dos proxectos.

Para a presentación, comunicación e defensa do PI cada alumno/a disporá dun máximo de 20 minutos. A Xunta de titores disporá de 10 minutos para formular preguntas ou aclaracións ao alumnado. Esta fase será obxecto de avaliación, segundo o disposto nos criterios de avaliación establecidos polos reais decretos xa citados.

A custodia da documentación e traballos presentados polo alumnado para o seu PI, correspóndelle ao xefe/a de departamento da familia profesional correspondente a cada ciclo formativo, mantendo dita custodia durante un ano natural ou ata a resolución definitiva de calquera reclamación en contra da cualificación recibida por parte do alumnado.

Transcorridos os prazos sinalados, o departamento da familia profesional correspondente poderá decidir a entrega de documentación e/ou traballos que integren o PI de determinados alumnos/as aos seus autores/as, correspondéndolle ao xefe/a do departamento establecer os prazos e xeito de entrega dos mesmos, quedando constancia da dita entrega e as súas circunstancias.

Reclamacións

Conforme o establecido no artigo 13.4º do Real decreto 732/1995, do 5 de maio, polo que se establecen os dereitos e deberes do alumnado e as normas de convivencia nos centros, os alumnos ou alumnas, os seus pais ou as súas nais, así como os seus titores ou as súas titoras, poderán reclamar, ante a dirección do centro, contra as decisións e as cualificacións que se adopten como resultado dos procesos das avaliacións finais.

As referidas reclamacións deberán basearse nalgún dos seguintes aspectos:

  • A avaliación que se levou a cabo como resultado do proceso de aprendizaxe do alumnado non foi adecuada aos obxectivos, contidos, criterios de avaliación e nivel, recollidos na correspondente programación didáctica.
  • Os procedementos e os instrumentos de avaliación aplicados foron inadecuados, conforme o sinalado na programación didáctica.
  • A aplicación dos criterios de avaliación establecidos na programación didáctica para a superación dos módulos non foi correcta.

O procedemento e os prazos para a presentación e a tramitación das reclamacións serán os seguintes:

  • A reclamación presentarase por escrito ante a dirección do centro, no prazo máximo de dous días hábiles a partir daquel en que se produza a comunicación da cualificación final ou da decisión adoptada.
  • O director do centro trasladará a reclamación ao departamento correspondente para que emita o oportuno informe sobre os aspectos sinalados no punto anterior, no cal deberá formularse proposta de ratificación ou rectificación na cualificación outorgada. Unha vez recibido o devandito informe, o director ou directora do centro emitirá resolución ao respecto. Este proceso estará rematado nun prazo máximo de dez días naturais, incluída a comunicación ao alumnado, contados a partir do seguinte ao da presentación da reclamación.
  • Contra a resolución do director ou directora do centro, o solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A devandita resolución esgotará a vía administrativa.

Lexislación

Para todo o non referido nestas normas respecto ao PI estarase ao disposto na Orde de 1 de decembro de 2008, que regula a avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa os estudios de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Galicia, na Instrución da Dirección xeral e no real decreto do currículo do CF correspondente.

Alumnado que xa está na Escola

GRAO SUPERIOR : PRAZO DE MATRÍCULA DO 17 AO 21 DE XUÑO DE 2024

  • Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social.
  • O importe exacto de 1,12€ para o abono do seguro escolar, se é menor de 28 anos.