Administración Ensinanzas Artísticas Superiores

Quero ser estudante

Probas de Acceso

Ensinanzas Artísticas Superiores (Grao en Deseño)

Instruccións sobre a proba de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS): Deseño Gráfico e Deseño de Interiores.

A Consellería de Educación publicou a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño. Para o vindeiro curso 2026/27 ofértanse as seguintes prazas de novo acceso para a EASD Pablo Picasso:

  • Deseño Grafico: 20 prazas para acceso con proba (das cales 2, reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 5 prazas para acceso directo (total: 25 prazas)
  • Deseño de Interiores: 20 prazas para acceso con proba (das cales 2, reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 5 prazas para acceso directo (total: 25 prazas)

Conforme ao establecido no artigo 9 da Ode do 21 de novembro de 2016, pola que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño en desenvolvemento do Decreto 172/2015, do 29 de outubro; de acordo co establecido nos artigos 34 e 36.d da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, en cada centro educativo en que se imparta algunha das especialidades das ensinanzas superiores de Deseño, reservaranse adicionalmente as prazas necesarias en cada especialidade impartida para o acceso a estas dos/as aspirantes coa condición de deportista galego de alto nivel e/ou rendemento, e que reúna os requisitos académicos establecidos.

As datas de inscrición:

    • Presentación de solicitudes: ata o 5 de xuño de 2026.
    • Publicación da listaxe provisional de persoas inscritas: 9 de xuño de 2026. Prazo de reclamación: 10 e 11 de xuño de 2026.
    • Publicación da listaxe definitiva de persoas inscritas: 15 de xuño de 2026.

Calendario da proba:

    • Datas e horario da proba:
    • Datas matrícula novo ingreso:
      • Primeiro prazo: do 6 ao 8 de xullo de 2026.
      • Segundo prazo: 14 e 15 de xullo de 2026.

Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49689

Para aquelas persoas aspirantes interesadas en cursar un Grao en Deseño no próximo curso 2026/27 podedes consultar a lapela de Preguntas Frecuentes, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias de acceso de anos anteriores, así como tamén os plans de Estudos de Deseño Gráfico e de Deseño de Interiores.

Neste mesmo espazo publicarase información relacionada co desenvolvemento das probas de acceso. Lembramos que para facer trámites na Secretaría da Escola é preciso solicitar cita previa

Enlaces de interese:

Sobre a inscrición

Para solicitantes con DNI:

A inscrición ás probas de acceso é telemática. Toda a documentación requerida haberá que subila á plataforma na que se realiza a solicitude de inscrición: https://www.edu.xunta.gal/eas/

  1. Copia de DNI (no caso de solicitantes menores de idade é preciso adxuntar tamén o DNI do representante legal).
  2. Modelo 730 de pago de taxas e prezos públicos segundo o Decreto 89/2013, do 13 de xuño (DOG do 17 de xuño).
  3. Outra documentación, segundo corresponda: título bacharelato, título de ciclo, certificado grao discapacidade, certificado deportista de alto rendemento…

Se es maior de idade, non debes cubrir o apartado de nai/ pai/ titor legal.

Unha vez rematado a solicitude de inscrición, a plataforma xenera un documento .pdf. Este documento hai que asinalo e presentalo na Secretaría da Escola para rematar o proceso de solicitude (no caso de solicitantes menores de idade é preciso que tamén o asine o representante legal)

Lembra solicitar cita previa para facer este trámite na Secretaría.

Para solicitantes que non teñen DNI e que dispoñan de NIE/pasaporte:

A inscrición ás probas de acceso é presencial. Deberás achegarte pola Secretaría da Escola, con toda a documentación necesaria (orixinal e fotocopia) para poder facer a inscrición ás probas de acceso.

Lembra solicitar cita previa para facer este trámite na Secretaría.

Sobre o pago das taxas

O importe da taxa para a inscrición nas probas de acceso é de 64€. O pago desta taxa será telemático e hai que subir o xustificante de pago á plataforma onde se realiza a solicitude de inscrición.

Para realizar o pago das taxas deberás visitar a páxina https://ovt.atriga.gal/ e acceder a “Pago de taxas e prezos”. Podes descargar estas instruccións sobre o pago a través de atriga.

Códigos que vas precisar:

  1. Taxa : 352600- Ensinanzas Superiores de Deseño
  2. Consellería: 07
  3. Servizo: 03
  4. Delegación: 10 para Coruña; 20 para Lugo; 30 para Ourense
  5. Obxecto: Inscrición as probas de acceso a Estudos Superiores
  6. A ingresar: 64€

O Modelo de pago de taxas que tes que cubrir é o Modelo 730. Cubrénse os datos por internet e faise o pago vía telemática. Unha vez feito o pago telemático o navegador descargará o xustificante Modelo 730 que será o que teñas que subir a plataforma na que se realiza a solicitude de inscrición.

Importante: unha vez feito o pago e antes da descarga do Modelo 730, a aplicación xerará un “recibo do pago con tarxeta”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas. Cos datos deste recibo, terás que volver á aplicación e xerar o Modelo 730 que é o que hai que entregar.

Sobre a homologación de estudos estranxeiros

Se solicitaches a validación/recoñecemento dos teus estudos estranxeiros polos correspondentes en España e Galicia, debes cubrir este formulario e entregalo xunto co resto da documentación para poder presentarte ás probas de acceso: Volante de inscripción Condicional

Sobre o pago da 1ª matrícula

Unha vez rematadas as probas de acceso, publicarase a listaxe de admisión, onde se asignarán as prazas segundo as cualificacións obtidas. Nese momento, abrirase o prazo de matrícula para o curso 2026/27.

Para saber se che corresponde algún desconto (familia numerosa, discapacidade, etc) podes consultar o artigo 7 do DECRETO 89/2013, do 13 de xuño, polo que se fixan os prezos públicos correspondentes aos estudos conducentes á obtención dos títulos oficiais nas ensinanzas de música e artes escénicas, de idiomas, deportivas, de conservación e restauración de bens culturais e nos estudos superiores de deseño.

Tamén debes saber que desde esta primeira matricula está subvencionada pola Xunta de Galicia nun 99%, segundo se recolle no DECRETO 163/2024, do 24 de xuño, polo que se modifica o Decreto 89/2013, do 13 de xuño.

Consulta esta normativa antes de facer o pago das taxas.

Lembra solicitar cita previa para facer este trámite na Secretaría.

Ata o 18 de maio de 2026 ata as 15.00 horas podes solicitar unha bolsa MEC: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Información xeral

Que é unha EASD?

Unha EASD é unha Escola de Arte e Superior de Deseño.
En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia:

  • EASD Pablo Picasso, en A Coruña.
  • EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
  • EASD Ramón Falcón, en Lugo.
  • EASD Antonio Failde, en Ourense.

Que se pode estudar nunha EASD?

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:

  • Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP): Ciclos Superiores de Artes Plásticas e Deseño en distintas especialidades. (2 cursos, con prácticas en empresas e realización de obra final)
  • Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS) en Deseño: Titulacións superiores equivalentes a todos os efectos aos títulos de Grao universitarios. (4 cursos, con prácticas en empresas e Traballo Fin de Estudos)

Que Especialidades profesionais se poden estudar na EASD Pablo Picasso?

Que Especialidades de Deseño se poden estudar na EASD Pablo Picasso?
Podes matricularte nas EEAASS en Deseño Gráfico e tamén nas EEAASS en Deseño de Interiores.

Sobre a inscripción nas probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais

Podo inscribirme na EASD Pablo Picasso se non teño Selectividade?

Si. Para o acceso ás EEAASS de Deseño non é requisito ter realizadas nen superadas as probas de Selectividade, xa que o acceso a ditas Ensinanzas realízase a través dunha proba de acceso específica.

Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero vou aprobar na convocatoria extraordinaria, podo acceder a estudar Deseño o vindeiro curso?

Si. Ao facer a solicitude de inscrició marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato”. Unha vez superado, deberás aportar a documentación na Secretaría da Escola antes de realizar as probas.

Se non teño o título de Bacharelato, nen o vou ter neste curso, podo acceder a estudar Deseño o vindeiro curso?

Non. En aplicación da Lei 1/2024 de 7 de xuño, pola que se regulan as Ensinanzas Artísticas Superiores e se establece a organización e equivalencias das Ensinanzas Artísticas Profesionais, suprímese a proba que substitúe o requisito de titulación para o acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores de grao en Deseño. A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP convoca anualmente probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos. A data da convocatoria adoita ser a comezos do ano natural.

Para acceder aos estudos de grao en Ensinanzas Artísticas Superiores será preciso reunir os
requisitos seguintes:
– Estar en posesión do título de bacharelato, ou dun título de ensinanzas artísticas superiores, título universitario ou título de técnico superior, ou dun título declarado equivalente ou homologado a ditos títulos, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
– Ter superado unha proba específica de acceso á disciplina correspondente, na que se deberá demostrar que se posúen os coñecementos, capacidades, habilidades e aptitudes necesarias para cursar con aproveitamento as ensinanzas.

Se teño aprobada a proba de acceso en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?

Si, as probas so teñen validez para a convocatoria do curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba aprobada doutros anos, tes que inscribirte de novo e repetila.

Como podo facer a inscrición ás probas de acceso?

A inscrición faise cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas/  e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar una copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría de calquera das Escolas de Arte e Superiores de Deseño en horario de 9 a 14:00.
A entrega da documentación cumplimentada será únicamente na secretaría de calquera das Escolas de Arte e Superiores de Deseño en horario de 9 a 14:00h.

As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición só de maneira presencial.

Que debo indicar na solicitude?

Na solicitude deberanse indicar, por orde de preferencia e ata un máximo de 4 opcions:

  • As especialidades que se desexan cursar (gráfico, interiores, moda ou producto). O primeiro curso é común a todas as especialidades e, no caso de que queiras cambiar en segundo curso, poderías facelo no caso de que houbera prazas dispoñibles.
  • A EASD na que as desexan cursar (Coruña, Lugo, Ourense ou Santiago). É recomendable seleccionar máis dunha Escola, por se non se accede á elexida en primeiro lugar.

Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición?

  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte.
  • Resgardo do abono das taxas segundo os modelos indicados na convocatoria.
  • Fotocopia cotexada da documentación acreditativa que corresponda (Título universitario, de bacharelato, de técnico superior de artes plásticas..). Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría cotexan as fotocopias para entregar.
  • Certificado de proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Certificado de ter superado a proba de madurez para maiores de 18 anos en convocatoria anterior.
  • Documento acreditativo do grao de discapacidade.
  • Documento acreditativo da condición de deportista galego de alto nivel.

Que título fai falta para poder optar ao acceso directo no Grao de Deseño?

Un título Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en calquera especialidade, como por exemplo os títulos de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño en Fotografía, Ilustración, Escultura ou Dourado que se imparten na Escola.

Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?

Non. Soamente se ofertan un 20% das prazas para os que optan polo acceso directo. Tanto para os estudios de Deseño Gráfico como de Deseño de Interiores, ofértanse 20 prazas de novo ingreso, o que implica que haberá 4 prazas en Gráfico e 4 prazas en Interiores para os aspirantes que opten polo acceso directo.
No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da nota final do expediente académico do ciclo superior de Artes Plásticas alegado para o dito acceso directo.

Se estou a piques de obter o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, podo optar pola modalidade de Acceso directo? No caso de que só teña pendente a avaliación do proxecto final para a obtención do título.

Si, se aportas o título no momento de facer a matrícula.

Sobre a realización das probas de acceso

Cando me podo inscribir para facer as probas de acceso?

Non hai unha data fixa. Cada ano publícase a convocatoria na que se recollen as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás EEAASS de Deseño para o seguinte curso. Nesta convocatoria elaborase un calendario coas data límite para facer a inscrición e as datas de publicación de aspirantes admitidos.

Cando se fan as probas de acceso?

Na convocatoria de acceso xa ven indicada a data de realización das probas, de comunicación de cualificacións e de reclamacións. Como data aproximada, adoitan ser cara finais de xuño ou principios de xullo.

Onde van a ser as probas de acceso?

O lugar de realización é na EASD na que fas a inscrición ás probas de acceso.

Sobre a matrícula no curso

Despois de aprobar a proba de acceso e obter praza, teño que facer algo máis?

Si, tes que facer a matrícula na Secretaría da Escola na que obtiveches a praza, no prazo establecido na convocatoria de acceso e admisión do alumnado ás EEAASS de Deseño para o seguinte curso.

Se non obteño praza, pero estou na lista de espera, aínda teño posibilidade de poder matricularme?

Si, se as persoas que obtiveron praza non formalizan a matrícula en Secretaría, publicarase una nova lista de persoas que acadan praza e ábrese un novo prazo para que esas persoas se matriculen e así sucesivamente ata completar tódalas prazas ofertadas.

Canto custa a matrícula nas EEAASS de Deseño?

O importe da matrícula dependerá do número de créditos ECTS nos que te matricules. O importe dos créditos ven dado polo Ministerio de Educación, e para o pasado curso foi de 4.7 €/crédito.
Ademáis, no caso de ser menor de 28 anos, debes abonar o Seguro Escolar, que o curso pasado tiña un importe de 1.12€.
No momento de facer a matrícula, deberás aportar 3 fotografías tamaño carné.

Podo solicitar unha beca?

Si. A Beca hai que tramitala directamente dende a páxina web do Ministerio de Educación. No momento de facer a matrícula, deberás indicar se a solicitaches. E unha vez que saia a resolución coa concesión ou denegación, deberás informar á Secretaría da Escola.

Podo solicitar traslado de expediente dunha Escola a outra?

Si. A aceptación deste cambio está supeditado a existencia de prazas vacantes na Escola de destino.

Podo cursar o 1º curso nunha especialidade e solicitar o cambio a outra especialidade nos seguintes cursos?

Si, o primeiro curso é común ás catro especialidades de deseño (Gráfico, Interiores, Produto e Moda) agás unha disciplina  obrigatoria de especialidade. Unha vez rematado o curso, podes solicitar o cambio de especialidade. A aceptación deste  cambio está supeditado a existencia de vacantes na nova especialidade.

Nos casos de traslado de expediente ou cambio de especialidade, terá preferencia o cambio de Escola dentro da mesma especialidade.

Sobre as ensinanzas artísticas superiores

Podo acceder a facer unha estadía no estranxeiro cunha beca Erasmus?

Si. A Escola ten establecidos os convenios correspondentes polos que o alumnado pode solicitar unha beca Erasmus e facer parte dos seus estudos e/ou das prácticas nun centro no estranxeiro. Podes consultar os centros asociados no seguinte enlace: eapicasso.com/outgoing/centros-asociados

Vou facer traballo Fin de Estudos?

Si. Para rematar os Estudos hai que presentar un TFE.

Que titulación acado ao rematar os estudos?

Ao rematar os estudos acádase unha titulación superior de nivel 2 (Grado) do MECES (Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior), equivalente a todos os efectos ás titulacións de Grao Universitario. Unha vez rematados os estudos, pódese solicitar o título na Secretaría, abonando as taxas correspondentes, que o curso pasado foron de 66,57€.

Onde podo atopar máis información?

Na páxina web da Escola podes consultar os plans de Estudos de cada especialidade e acceder á lexislación completa:

Plan Estudos EEAASS Deseño Gráfico
Plan Estudos EEAASS Deseño de Interiores

Probas de Acceso

Ensinanzas Artísticas Profesionais (Ciclos)

Instruccións sobre a proba de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP): Dourado, Escultura, Fotografía, Ilustración, Cerámica e Madeira.

A Consellería de Educación publicou a convocatoria que regula o acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais. Para o vindeiro curso 2026/27 ofértanse as seguintes prazas de novo acceso para a EASD Pablo Picasso:

  • Familia artística comunicación gráfica e audiovisual:
    • Ciclo Superior de Fotografía: Total 30 plazas: 15 prazas con proba de acceso (das cales 2 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 15 prazas de acceso directo.
    • Ciclo Superior de Ilustración: Total 30 plazas: 15 prazas con proba de acceso (das cales 2 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 15 prazas de acceso directo.
  • Familia artística de escultura:
    • Ciclo Superior de Dourado, prateado e policromía:  Total 15 prazas: 7 prazas con proba de acceso (das cales 1 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 8 prazas de acceso directo.
    • Ciclo Superior de Escultura aplicada ao espectáculo: Total 15 prazas: 7 prazas con proba de acceso (das cales 1 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 8 prazas de acceso directo.
    • Oferta modular Taller de Cerámica: Total 15 prazas: 7 prazas con proba de acceso (das cales 1 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 8 prazas de acceso directo.
    • Oferta modular Taller de madeira: Total 15 prazas: 7 prazas con proba de acceso (das cales 1 reservanse para persoas que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33%) e 8 prazas de acceso directo.

Para aspirantes ao acceso aos ciclos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso, coa condición de deportista de alto nivel e rendemento, reservarase un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, se reservará unha praza, e cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, se reservarán dúas prazas.

Datas de inscrición no acceso directo e nas probas para ciclos de grao superior.

  • Presentación de solicitudes: ata 12 de xuño de 2026.
  • Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas: 16 de xuño de 2026. Reclamacións: 17 e 18 de xuño de 2026.
  • Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas: 22 de xuño de 2026.

Calendario de probas

A proba Substitutiva de bacharelato realizarase nas EASD de Galicia [EASD Pablo Picasso (A Coruña)EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela)EASD Ramón Falcón (Lugo)EASD Antonio Faílde (Ourense) ]

  • Realización da proba: 23 de xuño de 2026 (de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 17:00h).
  • Listaxe provisional de cualificacións: 29 de xuño de 2026.
  • Reclamacións á listaxe provisional: 30 de xuño e 1 de xullo de 2026.
  • Listaxe definitiva de cualificacións: 3 de xullo de 2026.

A proba específica realizarase nas EASD de Galicia [EASD Pablo Picasso (A Coruña)EASD Mestre Mateo (Santiago de Compostela)EASD Ramón Falcón (Lugo)EASD Antonio Faílde (Ourense) ]

  • Realización da proba: 7 de xullo de 2026 (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00).
  • Listaxe provisional de cualificacións: 14 de xullo de 2026.
  • Reclamacións á listaxe provisional: 15 e 16 de xullo de 2026.
  • Listaxe definitiva de cualificacións: 20 de xullo de 2026.

Datas matrícula novo ingreso

  • 1ª quenda de adxudicación de prazas: listaxe con asignación de praza e listaxe de agarda: 20 de xullo de 2026
  • Data de matrícula Ciclos Superiores: 21, 22 e 23 de xullo de 2026.
  • 2ª quenda de adxudicación de prazas: 27 de xullo de 2026.
  • Data de matrícula Ciclos Superiores: 28 e 29 de xullo de 2026.

Estas datas son un resumo con carácter informativo dos puntos más destacados da normativa de Acceso e Admisión, que pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/49813

Para aquelas persoas interesadas en cursar un ciclo superior no próximo curso 2025/26 pódese consultar a lapela de Preguntas Frecuentes, na que atoparedes un resumo dos requisitos, documentación a presentar e modelos de exames de convocatorias anteriores. Tamén podedes consultar os plans de estudos dos Ciclos de Grao Superior de  Fotografía, Ilustración, Escultura e Dourado e das Ofertas modulares de Taller Cerámica I e II e Taller de Madeira.

Neste mesmo espazo publicaranse toda a información relacionada co desenvolvemento das probas de acceso. Lembramos que para facer trámites na Secretaría da Escola é preciso solicitar cita previa.

Enlaces de interese:

Sobre a inscrición

Para solicitantes con DNI:

A inscrición ás probas de acceso é telemática. Toda a documentación requerida haberá que subila á plataforma na que se realiza a solicitude de inscrición: https://www.edu.xunta.gal/eas/

  1. Copia de DNI (no caso de solicitantes menores de idade é preciso adxuntar tamén o DNI do representante legal).
  2. Outra documentación, segundo corresponda: título bacharelato, título de ciclo, certificado grao discapacidade, certificado deportista de alto rendemento…

Se es maior de idade, non debes cubrir o apartado de nai/ pai/ titor legal.

Unha vez rematado a solicitude de inscrición, a plataforma xenera un documento .pdf. Este documento hai que asinalo e presentalo na Secretaría da Escola para rematar o proceso de solicitude (no caso de solicitantes menores de idade é preciso que tamén o asine o representante legal)

Lembra solicitar cita previa para facer este trámite na Secretaría.

Para solicitantes que non teñen DNI e que dispoñan de NIE/pasaporte:

A inscrición ás probas de acceso é presencial. Deberás achegarte pola Secretaría da Escola, con toda a documentación necesaria (orixinal e fotocopia) para poder facer a inscrición ás probas de acceso.

Lembra solicitar cita previa para facer este trámite na Secretaría.

Sobre a homologación de estudos estranxeiros

Se solicitaches a validación/recoñecemento dos teus estudos estranxeiros polos correspondentes en España e Galicia, debes cubrir este formulario e entregalo xunto co resto da documentación para poder presentarte ás probas de acceso: Volante de inscripción Condicional

Sobre o pago da 1ª matrícula

Unha vez rematadas as probas de acceso, publicarase a listaxe de admisión, onde se asignarán as prazas segundo as cualificacións obtidas. Nese momento, abrirase o prazo de matrícula para o curso 2026/27.

A matrícula é gratuíta. As persoas maiores de 28 anos deben abonar en efectivo o seguro escolar (1,12€) no momento de facer a matrícula na Secretaría.

Lembra solicitar cita previa para facer este trámite na Secretaría.

Ata o 18 de maio de 2026 ata as 15.00 horas podes solicitar unha bolsa MEC: https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Información xeral

Que é unha EASD?

Unha EASD é unha Escola de Arte e Superior de Deseño. En Galicia hai 4 Escolas de Arte e Superiores de Deseño de titularidade pública, dependentes da Xunta de Galicia:

  • EASD Pablo Picasso, en A Coruña.
  • EASD Mestre Mateo, en Santiago de Compostela.
  • EASD Ramón Falcón, en Lugo.
  • EASD Antonio Failde, en Ourense.

Que se pode estudar nunha EASD?

Nas Escolas de Arte e Superiores de Deseño pódense estudar:

  • Ensinanzas Artísticas Profesionais (EEAAPP): Ciclos Superiores de Artes Plásticas e Deseño en distintas especialidades. (2 cursos, con prácticas en empresas e realización de obra final).
  • Ensinanzas Artísticas Superiores (EEAASS) en Deseño: Titulacións superiores equivalentes a todos os efectos aos títulos de Grao universitarios. (4 cursos, con prácticas en empresas e Traballo Fin de Estudos).

Que Especialidades profesionais se poden estudar na EASD Pablo Picasso?

Podes matricularte nos seguintes Ciclos Superiores:

  • Fotografía.
  • Ilustración.
  • Escultura aplicada ao espectáculo.
  • Dourado, prateado e policromía artísticos.

Podes matricularte na seguinte Oferta Modular:

  • Taller cerámico.
  • Taller de madeira.

Sobre a inscripción nas probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais

Podo inscribirme na EASD Pablo Picasso se non teño Selectividade?

Sí, para o acceso aos Ciclos Superiores non é requisito ter realizadas nen superadas as probas de Selectividade, xa que o acceso a ditas Ensinanzas realízase a través dunha proba de acceso específica.

Se non teño aínda o bacharelato aprobado pero vou aprobar na convocatoria extraordinaria, podo acceder a estudar un Ciclo Superior o vindeiro curso?

Sí, ao facer a solicitude de inscrició marcarás a opción: “Pendente o Título de Bacharelato”. Unha vez superado, deberás aportar a documentación na Secretaría da Escola antes de realizar as probas. Recomendación: no caso de que non esteas seguro/a de aprobar, tamén podes facer as probas de madureza.

Se non teño o título de Bacharelato, nin o vou ter, podo acceder a estudar Ciclo Superior o vindeiro curso?

Sí, se tes máis de 19 anos ou os cumpres neste ano, tes que inscribirte (no prazo establecido cando se publique a convocatoria) para facer as probas de madureza.

Se xa aprobei a proba de madureza en cursos anteriores, teño que volver facela?

Non. O certificado de ter superado a proba de madureza é válido para sempre; terás que entregar fotocopia cotexada no momento de facer a inscrición. Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría cotexan as fotocopias para entregar.

Se teño aprobada a proba específica de acceso en convocatorias anteriores, teño que repetir a proba este curso?

Sí, as probas específicas só teñen validez para a o curso no que se convocan. Aínda que teñas a proba superada doutros anos, tes que matricularte de novo e repetila.

Onde teño que facer a inscrición ás probas de acceso?

A inscrición farase na Secretaría da Escola elixida en primeira ou única opción. Se queres estudar Fotografía, Ilustración, Escultura, Dourado ou Oferta Modular, terás que entregar a solicitude de inscrición na Secretaría da EASD Pablo Picasso no prazo establecido cando se publique a convocatoria de acceso.

Como podo facer a inscrición?

A inscrición faise cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.es/eas/, e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar una copia da solicitude xunto coa documentación requirida na secretaría de calquera das Escolas de Arte e Superiores de Deseño en horario de 9 a 14:00.
A entrega da documentación cumplimentada será únicamente na secretaría de calquera das Escolas de Arte e Superiores de Deseño en horario de 9 a 14:00h.
As persoas aspirantes que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición só de maneira presencial.

Que documentación hai que presentar ao facer a inscrición?

  • Fotocopia do DNI, NIE ou pasaporte
  • Fotocopia cotexada da documentación acreditativa que corresponda (por exemplo: Título de bacharelato, ou certificación académica en que conste o depósito do título; título de técnico superior de artes plásticas e deseño e certificación académica..). Se traes a fotocopia e o orixinal na Secretaría cotexan as fotocopias para entregar.
  • Certificado de proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
  • Certificado de ter superado a proba de madurez para maiores de 19 anos en convocatoria anterior.

Que título fai falta para poder optar ao acceso directo a un Ciclo Superior?

Podes solicitar acceso directo cos seguintes títulos:

  • Título de Técnico ou Técnica de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.
  • Título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño ou título declarado equivalente.
  • Título de bacharelato, modalidade de artes, ou de bacharelato artístico experimental.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.
  • Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.
  • Licenciatura ou grao en Belas Artes.
  • Titulo de Arquitectura superior ou grao en Arquitectura.
  • Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.
  • Cumprir os requisitos académicos para o acceso mediante proba e acreditar experiencia laboral relacionada coas competencias do ciclo ao que se opta de polo menos un ano.

Se solicito o acceso directo, iso quere dicir que xa obteño praza?

Non. Soamente se ofertan un 50% das prazas para os que optan polo acceso directo. Nos Ciclos Superiores de Ilustración e Fotografía, ofértanse 30 prazas de novo ingreso en cada especialidade, o que implica que haberá 15 prazas en cada unha para os aspirantes que opten polo acceso directo. Nos Ciclos Superiores de Escultura, Dourado ou Oferta Modular, ofértanse 15 prazas de novo ingreso, o que implica que haberá 8 prazas en cada un das especialidades para os aspirantes que opten polo acceso directo.
No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, o criterio de adxudicación, será en función da titulación alegada e da nota final do expediente académico.

Se estou a piques de obter o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, podo optar pola modalidade de Acceso directo? No caso de que só teña pendente a avaliación do proxecto final para a obtención do título.

Sí, aínda que dependería do cálculo da nota final do expediente e de quedaran prazas libres.

Se non teño decidida a especialidade, podo facer as probas e logo escoller?

Non, no momento de facer a inscrición ás probas de acceso deberás indicar que especialidade queres cursar e en que Escola.

Sobre a realización das probas de acceso

Cando me podo inscribir para facer as probas de acceso?

Non hai unha data fixa. Cada ano publícase a convocatoria na que se recollen as instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás EEAAPP de Deseño para o seguinte curso. Nesta convocatoria elaborase un calendario coas data límite para facer a inscrición e as datas de publicación de aspirantes admitidos.

Cando se fan as probas de acceso?

Na convocatoria de acceso xa ven indicada a data de realización das probas, de comunicación de cualificacións e de reclamacións. Como data aproximada, adoitan ser cara finais de xuño, principios de xullo.

Onde van a ser as probas de acceso?

O lugar de realización é na EASD na que fas a inscrición ás probas de acceso.

Sobre a matrícula no curso

Despois de aprobar a proba de acceso e obter praza, teño que facer algo máis?

Sí, tes que facer a matrícula na Secretaría da Escola na que obtiveches a praza, no prazo establecido na convocatoria de acceso e admisión do alumnado ás EEAAPP de Deseño para o seguinte curso.

Se non obteño praza, pero estou na lista de espera, aínda teño posibilidade de poder matricularme?

Sí, se as persoas que obtiveron praza non formalizan a matrícula en Secretaría, publicarase una nova lista de persoas que acadan praza e ábrese un novo prazo para que esas persoas se matriculen e así sucesivamente ata completar tódalas prazas ofertadas.

Canto custa a matrícula nas EEAAPP de Fotografía, Ilustración, Escultura, Dourado e Oferta Modular?

A matrícula nos Ciclos Superiores e Oferta Modular é gratuíta. No caso de ser menor de 28 anos, hai que abonar o importe do seguro escolar, que o curso pasado tiña un importe de 1.12€.

No momento de formalizar a matrícula, deberás aportar 3 fotografías tamaño carné.

Podo solicitar unha beca?

Sí, a beca hai que tramitala directamente dende a páxina web do Ministerio de Educación. No momento de facer a matrícula, deberás indicar se a solicitaches.

Sobre as ensinanzas artísticas profesionais

Podo acceder a facer unha estadía no estranxeiro cunha beca Erasmus?

Sí, a Escola ten establecidos os convenios correspondentes polos que o alumnado pode solicitar unha beca Erasmus e facer as prácticas en empresa nun centro no estranxeiro.

Vou facer prácticas en Empresas?

Sí, no 2º curso, está prevista a realización da Formación en Centros de Traballo cunha carga horaria de 150. A Escola ten establecidos convenios con diversas empresas que acollen ao alumnado en prácticas. E tamén podes propor a empresa na que queres facer as prácticas e a Escola elabora o convenio correspondente.

Vou facer traballo Fin de Estudos?

Sí, para rematar os Estudos hai que presentar un Proxecto Integrado.

Que titulación acado ao rematar os estudos?

Ao rematar os estudos acádase a titulación de Técnico Superior. No caso da Oferta Modular obtense unha certificación que acredita a adquisición das competencias profesionais definidas no currículo do ciclo formativo.

Onde podo atopar máis información?

Pablo Picasso Escola de Arte e Deseño Superior de A Coruña
Resumo de privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.