O luns, 30 de novembro, ás 12:15h, conectamos en directo na canle de Youtube da Escola con María Castelao para coñecer o proxecto artístico solidario “Art for Dent”.
Art for Dent é un proxecto artístico e 100% solidario que nace en Galicia no 2020, a raíz do diagnóstico a Hugo Yáñez da Enfermidade de Dent a finais de 2019.
Ten como principal obxectivo obter fondos para apoiar a investigación sobre esta enfermidade catalogada como súper rara, que dende fai anos se leva a cabo no Instituto de Investigación do Hospital Vall d’Hebrón de Barcelona e o Hospital da Candelaria de Tenerife.
No momento no que xurde Art for Dent, esa procura de financiación recaía na Asociación Asdent. Art for Dent pretende ser unha aportación máis desde Galicia empregando unha das aficións de Hugo: a pintura.
O propósito deste proxecto, 100% solidario, é acadar un tratamento o antes posible. Toda a recadación obtida a través das diversas iniciativas desenvolvidas destínase integramente a esa investigación.
Son moitas as persoas, coñecidas e non tan coñecidas, que apoian este proxecto. Por exemplo, a camiseta ilustrada por Hugo é unha colaboración solidaria de Rei Zentolo, que destina a recadación pola súa venta á investigación, xunto con outros produtos como mascarillas e tazas.
E a tabla curva, outra colaboración, desta vez coa empresa Cru e nu, que adica o beneficio de cada tabla á financiación da investigación da enfermidade de Dent.