Biblioteca Pablo Picasso

Biblioteca

Información da Biblioteca

Horarios

Alumnos Biblioteca

Horario en período lectivo
A Sala de lectura está aberta de 09:00 a 21:00 horas.

Horas de préstamo
Horas nas que se poden retirar e devolver libros. Este horario pode variar en función da modificación dos horarios dos docentes asignados.

Horario en período non lectivo
En períodos non lectivos o servizo de préstamo queda suspendido.
A apertura da sala de lectura adáptase ao horario de apertura da EASD.

Fondos da Biblioteca

Seccións

Os fondos da biblioteca da EASD Pablo Picasso están formados por máis de 3.600 rexistros bibliográficos. A distribución está feita por seccións (como artes aplicadas) e dentro de cada sección se poden atopar varios apartados (como dourado, pedra ou madeira, etc).

4272

REXISTROS BIBLIOGRÁFICOS

  • CDU: 0 – Xeneralidades: enciclopedias, dicionarios, guías e atlas.
  • CDU: 004 – Informática: manuais de software.
  • CDU: 06 – Material Audiovisual: DVD e CD.
  • CDU: 34 – Lexislación e Orientación laboral: lexislación, manuais de FOL, Organización Industrial…
  • CDU: 5 – Ciencias aplicadas ás artes: matemáticas, física, química.
  • CDU: 7 – Arte: enciclopedias, historia, teoría, monográficos.
  • CDU: 7 – Ilustración: álbums, comic, monográficos, recompilatorios, teoría…
  • CDU: 73 – Escultura: historia, teoría, técnica, monográficos…
  • CDU: 730 – Artes aplicadas: dourado, forxa, gravado, madeira, pedra, cerámica…
  • CDU: 74 – Debuxo artístico: manuais.
  • CDU: 75 – Debuxo técnico: manuais.
  • CDU: 747 – Deseño de interiores: deseño de xardíns, monográficos, teoría, técnica, normativa, proyectos (monografías), recompilatorios (anuarios, revistas, compendios,catálogos exposicións), traballos fin de estudos.
  • CDU: 766 – Deseño gráfico: monográficos, teoría, técnica, proyectos (monografías), recompilatorios (anuarios, revistas, catálogos exposicións), traballos fin de estudos.
  • CDU: 77 – Fotografía: historia, monografías, recompilatorios (anuarios, revistas, catálogos, exposicións), teoría, técnica.
  • CDU: 791 – Audiovisual: manuais, monográficos e recompilatorios relacionados co cine e o vídeo, películas…
  • CDU: 9 – Historia: Historia das Escolas de Arte, Historia da Coruña, Historia de España, Historia de Galicia, Historia de Mundial…
  • Catálogos: exposicións de pintura, escultura e outros.
  • Revistas: Nós, Galega do Ensino, Bellas Artes, Goya, Visual, Tectónica, Restauración y Rehabilitación.

Gama de libros da Biblioteca

Catálogo

Todo o catálogo da biblioteca pode ser consultado a través da páxina web do Proxecto Meiga, no que se facilita o acceso onine á Rede de Bibliotecas de Galicia.

Cómo consultar o catálogo da Biblioteca da EASD Pablo Picasso?

Icono búsqueda

Tipo de busca

Pódese buscar por listado alfabético, por palabra clave contida no valor que estamos a buscar ou ben buscando a frase exacta.

Icono valores

Valores de busca

A busca pódese realizar por título, autor, materia, serie, CDU, editorial ou ISBN, tendo en conta o seguinte:
Título: os artigos “o, a, os, as”, as súas traducións, é dicir, que se deberán omitir. Por exemplo: Cor [A]
Autor: consideramos como autores os artistas, comisarios, autores de ensaios… e a busca faise polo apelido.

Por exemplo: Cartier-Bresson, Henri
Materia: O uso de maiúsculas e acentos non afecta aos resultados da busca. Ao libro indéxanselle os temas/materias cos que está relacionado. Por exemplo: Materiais – Deseño nos leva a todos os materiais: materiais – cerámica/ matariles construción/ matarilesdebuxo…

Icono alfabéticamente

Os resultados da busca ordenaranse alfabeticamente

Cando hai máis de 10 resultados, pódese pasar a páxina premendo sobre os números que aparecen no extremo superior dereito do listado.

Icono biblioteca

Localización na Biblioteca

Para buscar o libro no estante, haberá que guiarse pola clave de localización que se indica no resultado da busca e que está rotulada nas vitrinas e estantes que lle corresponde.

Por exemplo: Localización: 747 DIN-TEC/HUG/blo

Atoparase en:
A sección 747 DESEÑO DE INTERIORES indicado na parte superior das vitrinas correspondentes, nos estantes de 747 DIN-TEC rotulado nos estantes correspondentes a DESEÑO DE INTERIOS-TECNICA Dentro de cada sección e apartado os libros están por orde alfabética de autor HUG (sempre en maiúscula) e o título blo (sempre en minúscula).

Información da Biblioteca

Ligazóns

Recursos na rede

  • Biblioteca Nacional: os documentos dixitalizados da Biblioteca Nacional da Biblioteca Dixital Hispánica.
  • Library of Congress: os documentos dixitalizados da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos.
  • Biblioteca Dixital Mundial: multilingüe, materiais fundamentais das culturas de todo o mundo.
  • Museo del Prado: unha galería online que contén obras de arte dende a antigüidade ata o S. XIX inclusive.
  • Filmoteca TVE: Arquivo histórico audiovisual de España.

Outras Bibliotecas

Biblioteca virtual

GaliciaLe: Plataforma do libro electrónico. Hai que darse de alta nalguna das bibliotecas públicas de titularidade estatal situadas dentro do territorio de Galicia, ou calquera outra que estea asociada, como a Biblioteca Nodal da Coruña Miguel González Garcés e as dos centros cívicos dos barrios (por exemplo: a Biblioteca Municipal do Centro Ágora).

Bibliotecas específicas (arte, cine, etc)