A EASD Pablo Picasso celebra a IX edición das Xornadas Bisiona.
As Xornadas de Arte e Deseño Bisiona, que neste curso alcanzarán a súa novena edición, desenvolveranse os días 21, 22 e 23 de xaneiro de 2026. Como en cursos pasados, os nosos convidados achegarannos á realidade profesional das diferentes especialidades formativas que se imparten na Escola. Este ano continuamos coa colaboración co Conservatorio Superior de Música na celebración das Xornadas. A Aula de Saxofón do CSM da Coruña interpretará, ao inicio de cada xornada, obras do repertorio clásico contemporáneo.
Programación IX XAD. BISIONA
Mércores 21/01
9:30h Inauguración IX XAD BISIONA e actuación CSM da Coruña. SAX-perience.
10:30h Charla con J. Pereira. Fotografía.
José Pereira é fotógrafo e investigador especializado na documentación do patrimonio cultural mediante técnicas avanzadas de imaxe. O seu traballo destaca pola aplicación rigorosa da fotogrametría, a captura de alta precisión e o control de cor, fundamentais para garantir representacións fiables e útiles en procesos de estudo, restauración e dixitalización. Con sólida formación técnica e experiencia en proxectos de investigación, desenvolve metodoloxías que combinan ciencia e práctica visual, ademais de impartir formación e colaborar con institucións dedicadas á conservación e análise do patrimonio.
12:30h Charla con Marcos Catalán & Marta García Oltre Estudio. Deseño de Interiores.
Marcos Catalán é deseñador formado en ELISAVA (Barcelona) e fundador en 2006 do seu propio estudo, onde xunto con Marta García Orte desenvolve proxectos integrais de arquitectura, interiorismo e deseño de produto con precisión, sensibilidade e funcionalidade pensada para mellorar a vivencia dos espazos. O seu traballo, recoñecido con numerosos premios como varios Premios FAD e galardóns en bienais de arquitectura e interiorismo, compaxína a práctica profesional coa docencia en másteres de deseño de interiores e participación como conferenciante internacional.
Xoves 22/01
10:00h Actuación CSM da Coruña. SAX-perience e charla con Faura Balsa. Escultura aplicada ao espectáculo.
Faura Balsa, nado na Coruña en 1991, é un escultor figurativo que combina técnica académica e sensibilidade contemporánea. Traballa sobre todo en barro, creando pezas precisas e expresivas. Formado na Escola de Arte Pablo Picasso, na Barcelona Academy of Art e en diversos obradoiros, desenvolveu un estilo propio no que a anatomía, o simbolismo e o detalle teñen un papel fundamental.
12:00h Entrega Premios EDLG aos mellores PI e TFE en lingua galega.
12:30h Charla con Paco Luis Martos & Florencia Iracema. Dourado, prateado e policromía.
Paco Luis Martos e Florencia Iracema son dous artistas e artesáns referentes nas técnicas tradicionais de dourado, prateado e policromía, con décadas de experiencia na restauración e creación artística. Paco Luis foi galardoado con premios tan importantes como o Premio Nacional de Artesanía 2022, o Premio de Artes da Construcción Richard H. Driehaus 2020 e o Premio Hispania Nostra 2019, entre outros, e xunto con Florencia recibiron en 2024 a beca Homo Faber pola súa contribución á artesanía contemporánea.
Venres 23/01
10:00h Actuación CSM da Coruña. SAX-perience e charla con Bea Lema. Ilustración.
Bea Lema é ilustradora e autora de cómic cunha obra de marcado carácter autobiográfico, na que aborda temas como a enfermidade mental, o trauma, a familia ou os ritos populares, empregando o debuxo e o bordado como linguaxes complementarias. Co galardoado O Corpo de Cristo —Premio Castelao 2017 e máis tarde Premio Nacional de Cómic 2024, entre numerosos recoñecementos internacionais— consolidou unha voz singular dentro da novela gráfica contemporánea. A súa residencia na Maison des Auteurs de Angoulême impulsou a versión ampliada da obra, publicada en Francia e España con grande éxito. En 2025 estreou a adaptación en curtametraxe El Cuerpo de Cristo, escrita e dirixida por ela mesma, unha peza de animación que afonda, desde a delicadeza, na experiencia do sufrimento psíquico.
12:00h charla con Cuchillo©. Deseño Gráfico.
Cuchillo© é un estudo de deseño gráfico con sede en Bilbao que destaca pola súa creatividade e polo volume de premios recibidos, entre eles múltiples premios Laus ADG-FAD (incluíndo Oro, Plata e Bronce) e numerosos recoñecementos Site of the Day nos Awwwards, ademais de nominacións a “Studio of the Year” en premisas internacionais, reflexo do seu traballo innovador no branding e na comunicación visual.
Todas as ponencias terán lugar no Salón de Actos da Escola. Estarán abertas ao público ata completar aforo, porén o alumnado terá prioridade de acceso.
Na organización deste evento colaboran:
- O alumnado da disciplina de Proxecto Intrdisciplinar de 4º curso de Deseño Gráfico, co deseño da gráfica e a xestión da producción de todo o material, baixo supervisión da docente Gloria R. Simón. A imaxe das xornadas foi creada polo alumno Lara Rodríguez Guerreiro.
- O alumnado das disciplinas de Construcción II e de Instalacións II de Deseño de Interiores na ideación e montaxe do photocall, baixo a supervisión dos docentes Iria Rivas e José Carlos Barreiro.
- O alumnado do módulo Proxectos de Fotografía de 1o curso do CS de Fotografía, coa cobertura fotográfica do evento, baixo a supervisión da docente Virginia Barros.
- O alumnado da disciplina optativa “O espazo fotografado” de Deseño de Interiores, no seguimento da instalación das exposicións e o photocall, baixo a supervisión do docente Manuel Otero.
- Edgardo Rosales ‘Eros’, na cobertura fotográfica do photocall.
- Alumnado voluntario na loxística da organización.
