Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.
Calendario Traballo Fin de Estudos (TFE) Ensinanzas Superiores de Deseño. Curso 2015-2016
CALENDARIO TRABALLO FIN DE ESTUDOS (TFE)
ENSINANZAS SUPERIORES DE DESEÑO. CURSO 2015-16
CONVOCATORIA ORDINARIA
Calendario para a convocatoria ordinaria (febreiro-xullo) do TFE das ensinanzas superiores de deseño do curso 2015-16:
Data da Xuntanza do alumnado co tribunal para asignación de titores e entrega de normas
Venres 26 de febreiro ás 12:00 h para a especialidade de Deseño Gráfico e ás 10:00 h para a especialidade de Deseño de Interiores na biblioteca da EASD. Entregarase a documentación que se reflicte de seguido:
- Prazos, condicións e documentación precisa para a presentación e defensa das propostas de traballo por parte do alumnado, calendario e horario de defensa das propostas.
- Información sobre titoría e horario semanal de atención; solicitude de preferencia de titores. A asignación definitiva de titores realizarase o martes 8 de marzo
- Calendario de realización, prazo e forma de entrega do TFE, calendario e horario de defensa dos mesmos.
Data de presentación de propostas ante o tribunal
Martes 8 de marzo ás 12:00 h para a especialidade de Deseño Gráfico e ás 10:00 horas para a especialidade de Deseño de Interiores na biblioteca da EASD.
Data de entrega do TFE
Venres 1 de xullo de 10:00 a 13:00 horas na oficina da EASD
Data da defensa do TFE
O luns 11 de xullo ás 09:00 h no Salón de Actos para a especialidade de Deseño Gráfico. O martes 12 de xullo ás 09:00 h no Salón de Actos para a especialidade de Deseño de Interiores. A defensa realizarase por orde alfabética a partires da letra D incluída.
Publicación cualificacións
As cualificacións publicaranse o venres 15 de xullo.
Renuncia de convocatoria
As solicitudes de anulación de convocatoria presentaranse perante o director do centro ata o último día hábil do mes de xuño.
A Coruña, 11 de febreiro de 2016.
O director: Manuel Andrés Soto Gómez
O presidente tribunal DI: Manuel Fernández González
O presidente tribunal DG: Diego Carracedo Constenla