O xoves 9 de novembro de 2023, ás 10h, visítanos Mario Castro para falar de “Caracterización fx e efectos especiais prácticos”
Mario Castro é Licenciado en artes plásticas e visuais, caracterizador, prop master e especialista en fx. Traballa no ámbito cinematográfico desde 2013, na área de maquillaxe, caracterización, efectos especiais, utillería e departamento de arte. É un apaixonado da arte e das criaturas fantásticas, que traballou en máis de 100 curtametraxes e películas como por exemplo “Mi amigo el loco” (2014) seleccionado no Festival GIFF, “Nahjum” (2019), gañadora de Urbanworld Filme Festival e Holly Shorts Festival, e máis recentemente “Desde la Tierra Muerta” (2022) . Ten impartido conferencias de maquillaxe e teatro, é colaborador de 4Ojos Studio (que participou en películas como “El laberinto del fauno” (2006), e algunha das súas pezas puideron verse na Exposición de Harry Potter en Madrid-Santiago-Málaga (2018 e 2020).
Mario Castro abordará, desde a súa experiencia laboral, temas como os procesos artísticos, as execucións técnicas e a inspiración no ámbito cinematográfico, para desenvolver un personaxe e unha caracterización.