O venres 16 de marzo, ás 12h, teremos unha charla con Xurxo Baca, apta para todos aqueles a quen nunca lles tocou a lotería, aos que perderon o pan que traían debaixo do brazo ou para os que naceron cunha estrela que decidiu converterse en fugaz.
Non é necesario cumprir todos os requisitos para entrar.
Xurxo Baca formouse coma deseñador gráfico na EASD Antonio Faílde de Ourense. Traballou coma director de arte, deseñador, maquetador e artefinalista en diversas axencias e dende 2008 é Director de Arte en Adolfo Dominguez, onde leva a cabo o desenvolvemento da comunicación da empresa e da súa identidade visual e corporativa.
E ademáis, colecciona sorisos.