O martes, 18 de outubro de 2022, estará na Escola María América Díaz Pampín para achegarnos á figura de Carmen Arias “Mimina” no centenario do seu nacemento. Baixo o título “Carmen Arias de Castro “Mimina”: moderna, artista, creadora, deseñadora, comprometida e compañeira de vida” abordará a biografía de Mimina a partir de feitos clave na súa vida que a sitúan como unha muller adiantada ao seu tempo a pesar de pertencer a unha familia conservadora. Repasará a súa traxectoria artística, o seu importante papel no nacemento do proxecto Sargadelos e sobre todo a súa admiración polo seu compañeiro Isaac Díaz Pardo.

Esta charla terá lugar no Salón de Actos ás 12:30h e é de acceso libre ata completar aforo.

María América Díaz Pampín é licenciada en Historia, Posgrao en Coolhunting e Investigación cualitativa de tendencias na Facultade de Comunicación Blanquerna de Barcelona e Programa Superior en Xestión de Empresas Culturais na Galicia Business School.Traballou máis de 15 anos en empresas como Sargadelos, ExpoCoruña, Fundación Naturgy, Emalcsa en áreas de investigación, documentación, comunicación, produción, xestión e mercadotecnia, principalmente no sector cultural.  Un dos seus últimos proxectos foi a web www.isaacdiazpardo.gal para a Xunta de Galicia.

Para completar esta charla, agradecemos ao Concello de Sada a cesión da exposición na que se fai un percorrido biografíco desta muller desatacada para a súa época e de gran relevancia na nosa cultura.

Pode ser visitada do 13 de outubro ao 11 de novembro no 1º andar da Escola.