Queres ser voluntari@ en países europeos?

O vindeiro xoves día 10, Paola Damiani, membro da Fundación Paideia, acompañada de Chiara, actualmente voluntaria na nosa cidade, virán a explicar en qué consiste o servizo de Voluntariado Europeo e cómo formar parte del. A charla terá lugar no Salón de Actos ás 12 da mañá.

O servizo de Voluntariado Europeo é un programa, que facilita aos mozos/as (entre 18-30 anos), a posibilidade de ter unha experiencia persoal única en Países Europeos, desenvolvendo tarefas de voluntariado en diferentes organizacións. O programa cubre a viaxe, seguro, aloxamento, manutención, cartos de bolsillo, transporte local e formación lingüística.

Descargar folleto informativo