Charla: Rotulación a mano

Charla. Xoves 26 de maio ás 12h no Salón de Actos da EASD.

Diego Dier, de Rotulación a Mano (Madrid), é un dos poucos artesanos de rotulación a mano e verre églomisé que aínda traballa en España, e polo tanto, é toda unha referencia neste sector. O xoves falaranos dos seus traballos realizados con esta técnica, na que se combínan diferentes habilidades como a tipografía, o deseño, a pintura etc. e como en moitas outras artes, combina técnicas e estilos clásicos con novas tendencias técnicas e artísticas.

Podedes ver máis imaxes dos seus traballos en: www.rotulacionamano.com