O vindeiro mércores, 16 de marzo, ás 12h, contamos coa presenza de Idoia Cuesta, que impartirá unha charla sobre “Arquitectura efémera e instalacións en espazos interiores e exteriores con fibras vexetais”. Esta charla é aberta a todo o alumnado da Escola.
A maiores, impartirá un taller de dúas sesións ao alumnado das disciplinas de Cor e forma de 2º e Xardinería de 3º de Deseño de Interiores sobre o deseño e construcción dunha estrutura con fibras vexetais.
Idoia Cuesta defínese como creadora, formadora e investigadora textil, especializada en cestería. No seu traballo trata de combinar tradición e experimentación para levar a cestería a novos escenarios como a moda e o interiorismo.
Exemplos desta aplicación ao deseño de interiores pódense ver nas instalacións de espazos comerciais como o de Adolfo Domínguez (imaxes 2, 3, 4) e Zara (5).
O seu traballo foi recoñecido co Premio Nacional de Artesanía no ano 2014 na categoría de “Produto” e coa Mención Especial do xurado na categoría “Innova” na edición de 2011. As Súas coleccións están presentes en Feiras internacionais como Maison&Object (Paris), Tendence (Frankfurt), Tent London e Formex (Estocolmo). Colabora con deseñadores de referencia como Martín Azúa, Uqui Permuy, Arturo Álvarez e Sara Coleman. A firma LOEWE conta co seu asesoramento técnico no desenvolvemento de prototipos e posterior producción de bolsos, como por exemplo a colección Galicia primavera-verán 2013 e 2014.
Máis info:
https://www.eapicasso.com/charla-taller-idoia-cuesta/
#creatividadeconvistas #deseñodeinteriores #interiordesign #cestería #artesanía #idoiacuesta