O vindeiro martes, 29 de abril, ás 11:30h no Salón de Actos, recibimos a Cecilia Díaz Betz para falar sobre Isaac Díaz Pardo, homenageado do Día das Artes 2025.

A charla centrase na videoinstalación realizada por Cecilia no ano 2020 para a exposición do centenario de Isaac Díaz Pardo e titúlase “As Miradas de Isaac”. Na charla, ademais de falar sobre a traxectoria de Díaz Pardo, proyectarase o documental e presentaranos o seu próximo proxecto, unha película documental sobre Isaac e Mimina, que se estreará este 2025.

Cecilia Díaz Betz é fotógrafa, editora de textos e realizadora. Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Ramon Llull (Barcelona), a súa traxectoria está marcada pola transversalidade profesional e artística, e a súa sensibilidade fotográfica -permeable ao medio, pero sempre libre- alcanza a súa máxima expresión a través de reportaxes documentais, retratos e bodegóns.