O venres 11 de outubro ás 12.00h contamos con Iria-Friné Rivera Vázquez para saber máis sobre o traballo de William Morris. Baixo o título “Da orixinalidade dos oficios á innovación dun estilo inglés” Iria-Friné falará sobre a obra de William Morris, a través da súa contribución ao deseño moderno, tendo en conta a ética e a estética. Ademais, fará un percorrido pola traxectoria de Morris, dende a Red House ata a súa influencia no laboratorio das formas de Sargadelos.
Iria-Friné Rivera Vázquez é licenciada en Historia da Arte, investigadora da cultura galega e videocreadora.
Venres 11 de ourubro de 2019 ás 12:00h. Salón de Actos da EASD.