O martes, 21 de maio ás 12:00h, temos de novo con nós a Iria-Friné, esta vez para falar sobre: “Cleopatra na Historia e na Arte”.

Tratarase a personalidade da Raíña Cleopatra dende a súa dimensión histórica transmitida a través da propaganda augustea – Plutarco, Plinio o Vello, Horacio, Virxilio, Propercio, Marcial ou Lucano – e a súa representación nas artes plásticas e escénicas ata convertirse na imaxe por excelencia dunha figura carismática, referente para sucesivas xeracións e recreacións actuais.

Martes, 21 de maio ás 12:00h no Salón de Actos.