Todos os alumnos que desexen retirar a memoria e os materiais do Traballo Fin de Estudos pertencentes ás Ensinanzas Superiores de Deseño Gráfico deberán dirixirse ao presidente do Tribunal de Avaliación nas datas e horarios que se determine, e cumplimentar o resgardo correspondente.

Instruccións para a retirada do TFE

Resgardo retirada TFE

Se o alumno non pode acudir a retirar o seu TFE poderá facultar a unha persoa para que actúe no seu nome. Esta persoa deberá aportar unha autorización firmado por ela e o interesado, xunto cunha copia do documento nacional de identidade de ambos. A persoa autorizada polo alumno igualmente deberá cumplimentar e firmar o resgardo de retirada do TFE.

Autorización retirada TFE

Unha vez transcurrido o plazo establecido polo Presidente do Tribunal para a retirada de memorias e materiais do TFE estas serán destruidas. O Tribunal resérvase o dereito a depositar na biblioteca do centro as memorias e materiais que considere oportunas como documentación de consulta para o alumnado de futuras promociones.

Os plazos e horarios fixados para a retirada de memorias e materiais dos TFE presentados con antelación ás convocatorias de xuño e xullo do curso 2016/17 son:

  • Do 29 de xuño ao 10 de xullo de 2017 entre as 10:00 e as 13:00 horas.