O martes 10 de abril ás 12:00h no visítanos David Carballal, deseñador gráfico e comisario da exposición: Cómo se imprime un libro, que se pode visitar na Fundación Seoane sobre o traballo de grafistas e impresores en Buenos Aires (1936-1950).

A exposición toma como punto de partida o volume Cómo se imprime un libro, un fotolibro deseñado a principios da década dos 40 polo pintor e deseñador gráfico Attilio Rossi, que explicaba de maneira detallada os distintos procesos necesarios para a elaboración dun libro a través das imaxes dos fotógrafos Horacio Coppola e Grete Stern. Trátase dun itinerario sobre pezas chave da gráfica editorial arxentina durante a chamada ‘época dorada da edición’ amosando o traballo dos devanditos Attilio Rossi, Grete Stern e Horacio Coppola, e doutros destacados grafistas como Jakob Hermelin y Luis Seoane, así como do impresor Manuel López.

Esta mostra, comisariada polo deseñador David Carballal e pola directora da Fundación Luis Seoane, Silvia Longueira, propón un achegamento a todo aquilo que conforma o pequeno universo plástico do libro a través dunha montaxe que subliña os aspectos máis relevantes dos distintos elementos que o compoñen: o formato, a diagramación, os tipos de letra, as ilustracións, o deseño das cubertas, dos emblemas editorias, a impresión e a encadernación, etc. A selección de pezas, que inclúe preto de cen títulos, a maioría primeiras edicións, e na que están representadas máis de 12 editoriais e unha vintena de coleccións, réxese en función do seu valor como aportacións a esa obracolectiva, multiforme pero claramente identificable, que será o deseño editorial latinoamericano durante o pasado século, e que na década dos 40 experimenta o seu primeiro e máis forte impulso co nacemento de editoriais como Losada, Emecé, Espasa-Calpe Argentina ou Nova.

Datas: 17 Novembro 201715 Abril 2018

Horario: De martes a domingo de 11:00 a 15:00 e de 17:00h a 21:00h./ Luns pechado

Máis información: http://www.fundacionluisseoane.gal/fundacionls/gl/axenda/c%C3%B3mo-se-imprime-un-libro-grafistas-e-impresores-en-bos-aires-1936-1950