Cervezas Mahou organizou un concurso-exposición de fotografía para o alumnado da Escola. As pezas participantes estarán expostas no Edificio Labase (Praza de San Andrés 1, A Coruña) do venres 25 de maio ao venres 1 de xuño de 2018.
O xoves, 24 de maio ás 12:00h haberá unha inauguración xeral do edificio; e o venres 25, ás 19:30h farase a inauguración propia da Exposición cos traballos finalistas. O gañador será o que maior número de votos acade de entre todos os asistentes, así que animádevos a visitar a exposición e a votar polo voso preferido.
Alumnado participante:
- Ana Boquete
- Katia Castro
- María Corral
- Abril Meizoso
- Yoel Vázquez
- María Vérez