Olloboi 2020, é un certame audiovisual escolar destinado ao profesorado e alumnado de todas as etapas educativas dos centros educativos galegos, dende a educación infantil ata o ensino superior.

Fase de concurso:
A temática das videocreacións para a fase de concurso é libre e a duración debe ser, preferiblemente, inferior a 20 minutos. O prazo inscrición e presentación das obras finaliza o 17 de maio.

Encontro Olloboi 2020:
Dentro das actividades do festival, non vos perdades Venres 29 de maio, ás 10.30h, Muchachada 4×4, un encontro de cine de guerrilla coorganizado en colaboración coa A.C. Unión de Muchachas. A inscrición na actividade está aberta a alumnado de toda Galicia, é de balde, e inclúe axuda profesional para realizar unha peza audiovisual, pincho de benvida, xantar. O alumnado organizarase en grupos de 10 persoas e en cada grupo debe haber un alumno ou alumna responsable da montaxe da peza. Os grupos terán 4 horas para planificar, gravar e montar unha peza de ata 4’. Para a admisión nesta Muchachada terán preferencia os centros/persoas que participen tamén na fase de concurso. Respectarase a orde de inscrición. 

Para máis información podedes descargar as bases do concurso.