O martes 21 de novembro ás 18:00 horas terá lugar no salón de actos da EASD unha conferencia a cargo do premiado fotógrafo Vari Caramés baixo o título “Traxectoria”. Nela fará un repaso pola súa carreira profesional e despois comentará algún dos traballos do alumnado do #CSFotografía inspirados na súa obra.

Este autor, nado en Ferrol en 1953, publicou 23 libros de fotografía na súa prolífica carreira. Dende os anos 80 ven realizando decenas de exposicións tanto individuais como colectivas. Sen dúbida é unha grande oportunidade achegarse á obra deste incansable artista.

varicarames.com

Cartel da conferencia do martes 21 de novembro de Vari Caramés