O vindeiro xoves 28 de setembro ás 11:00 horas terá lugar no salón de actos da EASD Pablo Picasso unha ponencia sobre eco-arquitectura impartida polo profesor da ESAD de Matosinhos Vitor Varao.
Vitor Varao, arquitecto e profesor, ven facer unha estadía de colaboración docente na EASD Pablo Picasso. Aportará a súa visión sobre a arquitectura bioclimática no espazo, nuhna conferencia pensada especialmente, ainda que non en exclusiva, para o alumnado de Deseño de Interiores. Entre os temas que tratará atópase:
- O espazo interior.
- A importancia dos materiais no uso do obxecto e do espazo.
- A forma e o espazo.
- A enerxía dos materiais