O vindeiro luns, 23 de outubro ás 13:00 horas no salón de actos da EASD, Luis Novo (douspuntos:comunicación) impartirá unha charla baixo o título “Experiencia de usuario: o (non tan) simple camiño entre a hipótese e o éxito”.
Especialista en marketing dixital, analítica web e deseño de experiencia de usuario, nesta charla, contaranos a súa experiencia en deseño visual de webs e aplicacións, así como do deseño de estratexias de usabilidade.