O martes 11 de marzo conmemoramos o 8M día da Muller con dúas actividades.

Ás 12h recibimos a Sofía Fernández de Ana Portela, deseñadora gráfica que impartirá unha charla titulada “Comunicar visualmente”.

Sofía @sofia4design é licenciada en Belas Artes e posúe un mestrado en deseño e comunicación polo Pratt Institute, School of Art & Design de Nueva York. Comezou a súa traxectoria profesional como deseñadora gráfica en prácticas ao carón de Milton Glaser, e antes de regresar a España traballou en Apple Design Source Inc (Packaging e Branding) e en RDA Design Inc. (Russell Design Associates) en Nueva York e en Frank Schröder London en Londres. Xa de regreso, formou parte de B&R Nektarnet en Barcelona e como freelance en Landor Associates Madrid e en Interbrand Madrid. Tras un período como freelance desenvolvendo identidades corporativas, packaging, proxectos editoriais, páxinas web e stands para congresos, actualmente é creativa senior en Hifas da Terra en Pontevedra.

E xa que este ano o día das letras Galegas está adicado ás Cantareiras e á poesía popular oral, completamos a xornada cunha expo de versos extraídos do cancioneiro tradicional galego, nos que se reivindica o papel das mulleres na nosa sociedade.