Pódese buscar por listado alfabético, por palabra clave contida no valor que estamos a buscar ou ben buscando a frase exacta.
Pódese buscar por listado alfabético, por palabra clave contida no valor que estamos a buscar ou ben buscando a frase exacta.
A busca pódese realizar por título, autor, materia, serie, CDU, editorial ou ISBN, tendo en conta o seguinte:
Título: os artigos “o, a, os, as”, as súas traducións, é dicir, que se deberán omitir. Por exemplo: Cor [A]
Autor: consideramos como autores os artistas, comisarios, autores de ensaios… e a busca faise polo apelido.
Por exemplo: Cartier-Bresson, Henri
Materia: O uso de maiúsculas e acentos non afecta aos resultados da busca. Ao libro indéxanselle os temas/materias cos que está relacionado. Por exemplo: Materiais – Deseño nos leva a todos os materiais: materiais – cerámica/ matariles construción/ matarilesdebuxo…
Os resultados da busca ordenaranse alfabeticamente.
Cando hai máis de 10 resultados, pódese pasar a páxina premendo sobre os números que aparecen no extremo superior dereito do listado.
Para buscar o libro no estante, haberá que guiarse pola clave de localización que se indica no resultado da busca e que está rotulada nas vitrinas e estantes que lle corresponde.
Por exemplo: Localización: 747 DIN-TEC/HUG/blo
Atoparase en:
A sección 747 DESEÑO DE INTERIORES indicado na parte superior das vitrinas correspondentes, nos estantes de 747 DIN-TEC rotulado nos estantes correspondentes a DESEÑO DE INTERIOS-TECNICA Dentro de cada sección e apartado os libros están por orde alfabética de autor HUG (sempre en maiúscula) e o título blo (sempre en minúscula).
Todo o catálogo da biblioteca pode ser consultado a través da páxina web do Proxecto Meiga, no que se facilita o acceso onine á Rede de Bibliotecas de Galicia.