A Escola estará presente este ano no Culturgal 2018 para dar a coñecer a nosa oferta formativa. Trátase da Feira das Industrias Culturais que se celebra en Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro e que en 2018 chega a súa décima primeria edición.
A Escola estará presente cun stand no que se poderán coñecer as especialidades que se imparten, recoller información e resolver dúbidas sobre os programas formativos e o acceso aos mesmos. Tamén, o venres 30 de novembro, a partir das 12:00h, Celia Barja e David Muñiz (alumnos do CS Dourado, Prateado e Policromía) coa supervisión da profesora Marta Fernández, farán unha demostración de como aplicar verre églomisé, unha das técnicas que se estudian neste ciclo superior. E no stand poderase ver unha mostra de traballo do alumnado das distintas especialidades. Nesta edición, os traballos pertencen a:
- Celia Barja
- Alisha gentry
- Alberto Añón
- Jorge Pérez
- Borja Puñal
- Mercedes Fernández
- Brais Pita
- Eva Quián
- David Muñiz
- Julián Díaz
- Enrique Facal
- María Corral
- María Vérez
- Fanny Folgueira
- Alba Carballal
- Isabel Cobo
- Carla Bautís
- Paula Esteban
- Lucía Cobo
- Sonia G. Vidal
- María Martínez
Ademais de poder visitar aos máis de 80 stands dedicados a libro, música, teatro, audiovisual, infantil, tecnoloxía e máis, Culturgal conta cun programa de ao redor de 120 actividades propias durante os 3 días: concertos, espectáculos familiares, encontros con escritores, estreas de filmes e moito máis.
Nesta edición, a organización puxo a disposición dos visitantes de fora de Pontevedra un servizo de transporte en autobús que se pode contratar no momento de mercar as entradas online: www.culturgal.com/entradas/
Máis info: www.culturgal.com