A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña organiza un curso de Gravado Artístico baixo o título “A obra gráfica e as súas posibilidades” e impartido polo profesor Javier López Vila.

Esta actividade, cunha duración total de 50 horas, comezará o 11 de febreiro e rematará o 16 de abril. As clases serán os martes e xoves , en horario de 18 a 21 horas.

O número de prazas ofertadas será de 10 persoas e poderá apuntarse calquera persoa que non sexa persoal na EASD Pablo Picasso e que teña máis de 18 anos de idade.

O curso é gratuíto. O centro aportará o material básico e imprescindible, agás o papel de estampación final e as ferramentas persoais.

Para poder asistir a esta actividade, é precisa a inscrición en tempo e forma. As datas para realizar a inscrición son 29, 30 e 31 de xaneiro na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 18 horas. Nestapáxina pódese descargar o formaulario e traelo debidamente cumprimentado, xunto con unha fotocopia do DNI.

Haberá unha proba de selección que terá lugar o luns, 3 de febreiro en horario de 18 a 20,30 horas. Para a proba será preciso traer un lapis ou grafito.

A matrícula realizarase os días 6 e 7 de febreiro na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas.

Unha vez rematado o curso, entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento

Descargar: Ficha inscrición Curso Gravado Artístico 2019-20