A Escola de arte e superior de deseño Pablo Picasso da Coruña organiza un curso de
Gravado Artístico impartido polo profesor Javier López Vila.

Esta actividade, cunha duración total de 72 horas, comezará o 21 de febreiro e rematará o 23 de maio. As clases serán os martes e xoves , en horario de 18 a 21 horas.
O número de asistentes será de 12 persoas. O curso ofrécese a calquera persoa que non estea matriculada na escola, que non sexa persoal na EASD Pablo Picasso e que teña máis de 18 anos de idade.
O curso é gratuíto, o centro aportará o material básico e imprescindible, agás o papel de estampación final e as ferramentas persoais.
Para poder asistir a esta actividade, é precisa a inscrición para a realización dunha proba
de selección que consistirá na execución dun exercicio de debuxo artístico. Esta proba
determinará as 12 persoas que, logo da matrícula pertinente, asistirán ao curso.
Unha vez rematado o curso, entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento.

Programación do curso

  • Monotipos
  • Gravado en relevo
  • Aditiva sobre cartón e tetrabrik

Inscrición á proba de selección

Do 8 ao 10 de febreiro na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas e
de 16 a 18 horas. Deberase presentar o formulario adxunto, debidamente
cumprimentado, e unha copia do DNI.

Proba de selección

Terá lugar o martes, 14 de febreiro en horario de 17 a 20 horas. Para a realización
desta proba, será preciso aportar material de debuxo artístico (lapis negro ou
grafito).

Matrícula

Días 16 e 17 de febreiro na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14
horas.

Folleto informativo en PDF (120KB)