A Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña organiza neste ano académico
2018-19 dous cursos de Gravado Artístico impartido polo profesor Javier L. Vila.
Cada unha destas actividades ten unha duración total de 30 horas
Ámboslos dous cursos son gratuítos e o centro aportará o material básico e imprescindible, agás o papel de estampación e as ferramentas persoais.
O número de prazas para cada un destes cursos serán de 10, as clases serán os martes e xoves
desde as 18 a 21 horas. Para poder asistir a estas actividades é precisa unha inscrición en tempo e forma
nas oficinas da escola.
Unha vez rematado o curso, entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento.
Curso: A obra gráfica e as súas posibilidades
A quén vai dirixido:
Estará reservado unicamente para o alumnado matriculado na escola, agas o alunmado do
primer curso, en calquera especialidade e sempre que no coincidan cos horarios dos seus grupos.
O curso é eminentemente práctico e cada alumno traballará ao seu ritmo e na técnica apropiada para o
seu proxecto ou obxectivos.
Inscrición:
Os días 28, 29 e 30 de xaneiro na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas e de
16 a 18 horas. Deberase presentar un formulario debidamente cumprimentado.
Número de prazas e Selección:
A selección das dez prazas ofertadas establecerase pola
cualificación do expediente académico.
Matrícula:
Días 4 e 5 de febreiro na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas.
Horario do curso:
Martes e xoves, entre o 7 de febreiro e o 14 de marzo , en horario de 18 a 21 horas.
Curso: Gravado electroquímico de baixa toxicidade
A quén vai dirixido:
Ofertase a calquera persoa maior de 18 anos que non estea matriculada na escola nin sexa persoal
da EASD Pablo Picasso. O curso é eminentemente práctico e investigativo, cada alumno traballará ao
seu ritmo e na técnica calcográfica apropiada aos seus obxectivos .
É aconsellable ter uns coñecementos básicos de gravado para a realización e aproveitamento deste curso.
Inscrición:
Os días 25 de febreiro ao 1 de marzo na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas e de
16 a 18 horas. Deberase presentar un formulario debidamente cumprimentado e unha copia do DNI.
Número de prazas:
10
Proba de selección:
Terá lugar o luns, 11 de marzo en horario de 18 a 20,30 horas. Para a proba de
selección será preciso traer un lapis ou grafito.
Matrícula:
Días 14 e 15 de marzo na oficina da EASD Pablo Picasso, en horario de 10 a 14 horas.
Horario do curso:
Martes e xoves, entre o 21 de marzo e o 30 de abril, en horario de 18 a 21 horas.