Ciencia aplicada ao deseño

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórica
  • Curso: 1º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 2
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Coñecementos de matemáticas, física e química aplicada ao deseño.
O método científico: métodos para a análise e a simulación.
Ecoeficiencia e sustentabilidade.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

É unha materia básica e pretende asentar as bases científicas e tecnolóxicas necesarias para o posterior desenvolvemento das ensinanzas superiores en Deseño Gráfico, así como para o futuro profesional, contribuíndo á adquisición de competencias de carácter técnico e asentando as bases dun deseño ecoeficiente e sostible. Proporciona os coñecementos científicos, a súa terminoloxía e nomenclatura, necesarios para o estudo doutras materias tecnolóxicas específicas da especialidade de cursos posteriores.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e ambiental.

Competencias xerais

X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X.16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.

X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

Competencias específicas da titulación

E.G.15.  Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

Contidos

  • Matemática aplicada ao deseño: trigonometría. Xeometría. Sistemas de ecuacións.
  • Física aplicada ao deseño: enerxía, luz, cor, son, óptica, estática.
  • Química aplicada ao deseño: Reaccións básicas. Propiedades químicas e incompatibilidade de productos e materiais.
  • Estatística aplicada ao deseño.
  • Ecoeficiencia e sustentabilidade.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.