Construcción I

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 2º
  • Créditos ECTS: 8
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 4
  • Horas de traballo non presencial: 48
  • Horas de titoría: 8

Descritores

Recoñecemento dos elementos e os sistemas construtivos principais, así como a súas características e requirimentos xerais.
Representación correcta dos elementos e sistemas construtivos.
Dominio do vocabulario específico da Construción.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina ten contidos progresivos coa de Construción II de 3º curso.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Comprender o edificio e os espazos que o configuran, como feito construtivo, a través dos elementos e sistemas que o constitúen, así como distinguir as distintas funcións realizadas por estes.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

Competencias xerais

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

Competencias específicas da titulación

E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos.

E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.

E.I.10. Coñecer os recursos tecnolóxicos da comunicación e as súas aplicacións ao deseño de interiores.

E.I.11. Dominar a tecnoloxía dixital específica vinculada ao desenvolvemento e execución de proxectos de interiorismo.

Contidos

Xustificación e descrición dos sistemas construtivos necesarios para que o edificio cumpra coa súa funcionalidade:

  • O sistema estrutural. Cimentación. Muros. Arcos. Bóvedas. Entramados.
  • Elementos de comunicación vertical. Escaleiras: diferentes tipoloxías.
  • O sistema envolvente: cubertas e cerramentos. Carpintería exterior.
  • As particións interiores, acabados e revestimentos interiores. Carpintería interior.
  • Normativa aplicable.
  • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.