Economía

Datos da disciplina

  • Tipo: T (Teórica)
  • Curso: 3º
  • Créditos ECTS: 4
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 2
  • Horas de traballo non presencial: 24
  • Horas de titoría: 4

Descritores

Coñecemento, análise e significado histórico do deseño de interiores.
Movementos, deseñadores e tendencias actuais.
Historia do deseño de interiores en Galicia.
Métodos de investigación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Non se contempla.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Adquirir o coñecemento teórico do contexto histórico, social e cultural no que se desenvolve o deseño de interiores.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos

T.16. Traballar de forma autónoma e valorar aimportancia de iniciativa e o patrimonio cultural e medioambiental

T.17. Contribuír coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos

Competencias xerais

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.

X.6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.

X.12. Afondar na historia e a tradición das artes e o deseño.

X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural en que ten lugar o deseño.

X.14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdade e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.

Competencias específicas da titulación

E.I.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

E.I.12. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño de interiores.

E.I.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

Contidos

  • A arquitectura e o deseño de interiores dende o movemento moderno.
  • Movementos e tendencias actuais en arquitectura e deseño de interiores.
  • Actualidade da Arquitectura e o deseño de interiores en Galicia.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.