Instalacións I

Datos da disciplina

  • Tipo: TP (Teórico práctica)
  • Curso: 2º
  • Créditos ECTS: 8
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 4
  • Horas de traballo non presencial: 48
  • Horas de titoría: 8

Descritores

  • Deseño de instalación de salubridade. Sistemas de aforro enerxético, control de calidade, execución e mantemento.
  • Tecnoloxía dixital para a presentación e a comunicación do proxecto.
  • Instalacións de protección ante incendios e de accesibilidade. Control de calidade, execución e mantemento.
  • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.
  • Normativa aplicable.
  • Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina ten contidos progresivos coa de Instalacións II de 3º curso.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Coñecer os requisitos das instalación de electricidade, salubridade e seguridade, e as características, propiedades, e calidades dos materiais e equipamentos máis usuais no ámbito deste tipo de instalacións.
Coñecer, aplicar e desenvolver correctamente as técnicas, procedementos e normativa propios dese tipo de instalacións, e os procesos de control, posta en obra e mantemento.

Xerar procesos de ideación e creación técnicos referidos as instalacións de electricidade, salubridade e seguridade e saber aplicar procedementos sinxelos de predimensionamento.

Concibir e desenvolver correctamente os proxectos de deseño de instalacións.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T.12. Adaptarse, en condicións de competitividade aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.

T.13 Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.

Competencias xerais

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.

X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X.16. Ser capaces de encontrar solucións ambientalmente sostibles.

X.17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.

X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

Competencias específicas da titulación

E.I.1. Xerar e materializar solucións funcionais, formais e técnicas que permitan o aproveitamento e a utilización idónea de espazos interiores.

E.I.4. Analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á materialización dos proxectos .

E.I.5. Resolver os problemas estéticos, funcionais, técnicos e construtivos que xurdan durante o desenvolvemento e execución do proxecto.

E.I.8. Coñecer os procesos de fabricación, produción e manufacturado mais usuais nos diferentes sectores vinculados ao deseño de interiores.

E.I.9. Adecuar a metodoloxía e as propostas á evolución tecnolóxica e industrial propia do sector.

E.I.14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

Contidos

  • Deseño de instalación de salubridade: fontaneria, auga quente sanitaria e alcantarillado.
  • Deseño de instalación de electricidade.
  • Instalacións de protección ante incendios.
  • Instalacións de accesibilidade.
  • Innovación e aforro enerxético.
  • Normativa de aplicación, control de calidade e mantemento neste tipo de instalacións.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.