Grao
Carácter: carácter da disciplina, (F.B. : formación básica, O.E. : obrigatoria na especialidade, O.P. : disciplinas optativas). Tipo: (T. : teórica; T.P. :Teórico-Práctica, P. :Práctica) Horas clase/semana: horas de clase programadas semanalmente coa presenza do profesor/a. Horas clase/curso: horas totais de clase coa presenza do profesor/a ao longo do ano académico. Créditos ECTS: créditos ECTS asociados a unha disciplina. Que saídas profesionais ten unha persoa titulada en Deseño Gráfico? A persoa adicada ao deseño gráfico é alguén que crea e cuxa actividade ten por obxecto a utilización da linguaxe gráfica para xerar mensaxes e comunicar contidos de natureza diversa con diferentes medios e para as distintas canles de comunicación. Os ámbitos principais nos que desenvolve a súa actividade son: Cales son as competencias específicas das persoas tituladas en Deseño Gráfico? EG. 1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos. Cal é a denominación da titulación? A superación das ensinanzas artísticas superiores de Deseño dará lugar á obtención do Título Superior de Deseño, especialidade en Deseño Gráfico. Este título está incluído no nivel 2 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior e será equivalente ao título universitario de grao. Perfil de ingreso recomendado A lexislación aplicable non establece un perfil de ingreso específico ou recomendable, se ben resulta aconsellable posuír un nivel de Bacharelato Canto duran as ensinanzas superiores de deseño? O plan de estudos conducente á obtención do Título Superior de Deseño, abrangue 4 cursos académicos cun total de 240 créditos. Cantas prazas de novo ingreso se ofertan cada curso? Cada curso poden entrar 20 prazas na especialidade de Deseño Gráfico. Cales son os obxectivos? As ensinanzas artísticas superiores de Deseño terán como obxectivo xeral a formación cualificada de profesionais do Deseño nos ámbitos relativos á concepción, formulación, comunicación e dirección dos proxectos propios de cada especialidade, e á creación e investigación. Que perfil de egreso terá unha vez rematados os estudos? O perfil do Titulado/a Superior en Deseño corresponde ao dun profesional cualificado que acadou a madureza e a formación técnica e humanística necesarias para realizar de maneira plena a opción profesional máis adecuada ás súas capacidades e intereses, mediante o desenvolvemento de competencias comúns aos estudos de Deseño e na correspondente especialidade. Os Titulados/as Superiores en Deseño estarán capacitados para o exercicio da creación e da investigación. Cales son os criterios de acceso e admisión? Para o acceso ás ensinanzas oficiais conducentes ao Título Superior en Deseño, requirirase cumprir os requisitos establecidos no artigo 12 do Real decreto 1614/2009, de 26 de outubro, e a superación da correspondente proba específica á que se refire o artigo 57.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Para os maiores de dezaoito anos de idade que non cumpran os requisitos establecidos no citado artigo 12, a Consellería competente en materia de Educación, regulará, convocará e organizará unha proba anual que acredite que o aspirante posúe a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato e os coñecementos, habilidades e aptitudes necesarios para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas. A proba específica de acceso será única para as diferentes especialidades destas ensinanzas, e terá carácter unificado para todos/as os/as aspirantes. Poderá acceder ás ensinanzas superiores de Deseño sen necesidade de realizar a proba específica de acceso quen estea en posesión dun título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño, na porcentaxe que a Consellería competente en materia de educación determine. Permanencia Non se poderá realizar matrícula na mesma especialidade durante máis de oito anos académicos nun centro oficial dependente da consellería competente en materia de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo das convocatorias adicionais ou anulacións de convocatoria que lle fosen concedidas. Pódense recoñecer créditos doutros estudos? Sí. Para a transferencia e recoñecemento de créditos nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño estarase ao disposto no artigo 10 do Real decreto 633/2010, do 14 de maio, así como no artigo 14 da Orde do 21 de Novembro de 2016 polo que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores. Onde podo atopar máis información? O Decreto 172/2015, do 29 de outubro, pola que se establece o plan de estudos das ensinanzas artísticas superiores de Deseño na Comunidade Autónoma de Galicia. A Orde do 21 de Novembro de 2016 polo que se regula a ordenación das ensinanzas artísticas superiores. E tamén o Real Decreto 1614/2009, de 26 de octubre, polo que se establece a ordenación das ensinanzas artísticas superiores reguladas pola Ley Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.1º CURSO DESEÑO GRÁFICO
Materia
Disciplina
Carácter
Tipo
Horas clase/semana
Horas clase/curso
Créditos ECTS
Fundamentos do deseño
Fundamentos do deseño
F. B.
T.P.
2
72
4
Deseño básico
F. B.
T.P.
3
108
8
Linguaxes e técnicas de comunicación e representación
Debuxo artístico
F. B.
T.P.
5
180
10
Volume
F. B.
T.P.
4
144
8
Sistemas de representación
F. B.
T.P.
2
72
6
Tecnoloxía dixital
F. B.
T.P.
3
108
6
Historia das artes e o deseño
Historia das artes e o deseño
F. B.
T.
3
108
6
Ciencia aplicada ao deseño
Ciencia aplicada ao deseño
F. B.
T.
2
72
6
Tecnoloxía aplicada ao deseño
Laboratorio de imaxe
O.E.
T.P.
3
108
6
TOTAIS
27
972
60
2º CURSO DESEÑO GRÁFICO
Materia
Disciplina
Carácter
Tipo
Horas clase/semana
Horas clase/curso
Créditos ECTS
Tipografía
Tipografía
O.E.
T.P.
4
144
6
Cultura do deseño
Cultura do deseño
F. B.
T.
2
72
6
Tecnoloxía aplicada ao deseño gráfico
Tecnoloxía dixital aplicada I
O.E.
P.
4
144
12
Fotografía
O.E.
T.P.
2
72
6
Produción gráfica
O.E.
T.P.
2
72
6
Historia do deseño gráfico
Historia do deseño gráfico
O.E.
T.
2
72
6
Proxectos de deseño gráfico
Proxectos de deseño gráfico I
O.E.
T.P.
6
216
12
Optativas (debe escollerse 1)
Taller de modelos tridimensionais
Linguaxes da comunicación visualO.P.
—
2
150
6
TOTAIS
24
864
60
3º CURSO DESEÑO GRÁFICO
Materia
Disciplina
Carácter
Tipo
Horas clase/semana
Horas clase/curso
Créditos ECTS
Tecnoloxía aplicada ao deseño gráfico
Técnicas audiovisuais e de animación
O.E.
T.P.
6
216
16
Tecnoloxía dixital aplicada II
O.E.
P.
2
72
6
Proxectos de deseño gráfico
Proxectos de deseño gráfico II
O.E.
T.P.
6
216
16
Xestión do deseño
Organización e lexislación
F.B.
T.
2
72
4
Optativas (deben escollerse 3)
Edición Editorial
Novos comportamentos do deseño gráfico
Packaging
Gráfica aplicada aos espazos
Mercadotecnia e comunicaciónO.P.
—
2
72
6
TOTAIS
22
792
60
4º CURSO DESEÑO GRÁFICO
Materia
Disciplina
Carácter
Tipo
Horas clase/semana
Horas clase/curso
Créditos ECTS
Proxectos de deseño gráfico
Proxecto interdisciplinar
O.E.
T.P.
4
72
12
Xestión do deseño gráfico
Xestión do deseño gráfico
O.E.
T.
4
72
6
Prácticas externas
O.E.
P.
—–
—–
12
Optativas (deben escollerse 2)
Branding
Deseño de estampación
Deseño Interactivo
InfografíaO.P.
—
4
72
6
Proxectos de deseño gráfico
Traballo de fin de estudos
O.E.
T.P.
—–
72
18
TOTAIS
—–
432
60
EG. 2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.
EG. 3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.
EG. 4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.
EG. 5. Establecer estruturas organizativas da información.
EG. 6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.
EG. 7. Determinar, e no seu caso, crear solucións tipográficas adecuadas aos obxectivos do proxecto.
EG. 8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.
EG. 9. Analizar o comportamento dos receptores do proceso comunicacional en función dos obxectivos do proxecto.
EG. 10. Aplicar métodos de verificación da eficacia comunicativa.
EG. 11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.
EG. 12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.
EG. 13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño gráfico.
EG. 14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.
EG. 15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do medio ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.
Cada un dos cursos terá 60 créditos ECTS, cunha equivalencia de 25 horas por crédito, e a súa duración será de 38 semanas, incluíndo os períodos lectivos e os dedicados a outras actividades presenciais.
O tipo de ensinanza é presencial e impártese en galego e castelán.