Deseño Interactivo

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 4º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Cuatrimestral (150 h)
  • Horas de clase semanais: 4 (72 totais)
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Usabilidade e accesibilidade para o deseño de interfaces
Deseño centrado no usuario
Novos medios de comunicación: aplicacións e medios sociais
Métodos de experimentación e investigación propios da materia

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Adquirir o coñecemento teórico-práctico da conceptualización e deseño gráfico de páxinas web para o adecuado desenvolvemento de sitios web adaptativos a distintos dispositivos e amigables para os motores de búsqueda.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

T.8. Desenvolver razoada e críticamente ideas e argumentos.

Competencias xerais

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.19. Demostrar capacidade crítica e saber plantexar estratexias de investigación.

Competencias específicas da titulación

E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

E.G.12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.

Contidos

  • Usabilidade e accesibilidade.
  • Deseño de interfaces e experiencia de usuarios.
  • Comunicación gráfica interactiva.
  • Deseño de sitios web adaptativos con CMS.
  • Ferramentas SEM e SEO na analítica web.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.