Fundamentos do deseño

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P.)
  • Curso: 1º
  • Créditos ECTS: 4
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 2
  • Horas de traballo non presencial: 24
  • Horas de titoría: 4

Descritores

    • Coñecementos básicos do deseño: Estrutura, forma, cor, espazo e volume.
    • Análise da forma, composición e percepción.
    • Antropometría, ergonomía e introdución á biónica.
    • Teoría, metodoloxía, ideación e concepción do proxecto

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Proporciona unha visión da comunicación gráfica e dos elementos interrelacionados que interveñen na mesma para utilizar a linguaxe visual propia do Deseño. Transmite as bases sobre conceptos como a percepción e a comunicación visual co obxectivo de poder desenvolver e darforma a proxectos adaptados a requisitos concretos e á cultura do momento.

Metodoloxía

Actividades introductorias

Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral

Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais

Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais

Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate

Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes

A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

  • Formativa:
    • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
    • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
  • Sumativa:
    • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
    • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias

Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T.6 Realizar autocrítica cara ao propio desempeño profesional e interpersoal.

T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T.13. Buscar a excelencia e a calidade na súa actividade profesional.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

Competencias xerais

X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.

X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

4.3. Competencias específicas da titulación

E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicativos complexos.

E.G.2. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

Contidos

  • Teoría da Imaxe: Natureza e sintaxe da imaxe.
  • Luz e cor: O espectro visible.
  • Psicoloxía da cor.
  • A percepción: Teorías da percepción.
  • A forma.
  • O espazo.
  • Ergonomía e antropometría.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.