Infografía

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 4º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Cuatrimestral (150 h)
  • Horas de clase semanais: 2 (72 totais)
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Definición, función e forma
Os infogramas: elementos básicos, tipos, técnicas e estilos
Infografía audiovisual: área de traballo, animacións e efectos, vídeo e audio
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Dominar os conceptos, a terminoloxía básica e as técnicas relacionadas coa infografía para a elaboración de proxectos de deseño.
Adquirir a capacidade de investigación e documentación en proxectos infográficos de distinta natureza: editorial e audiovisual.
Por en práctica a planificación e desenvolvemento de proxectos de infografía baseados en criterios técnicos, estéticos, funcionais e comunicativos.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T.8. Desenvolver razoada e críticamente ideas e argumentos.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións variables.

Competencias xerais

X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X.11. Comunicar ideas e proxectos aos clientes, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.19. Demostrar capacidade crítica e saber plantexar estratexias de investigación.

X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a sœa influencia nos proce-sos e produtos do deseño.

X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

Competencias específicas da titulación

E.G.1. Xerar, desenvolver e materializar ideas, conceptos e imaxes para programas comunicati-vos complexos.

E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.

E.G.6. Interrelacionar as linguaxes simbólica coa funcionalidade específica.

E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

Contidos

  • Visualización de datos.
  • Tipoloxía de gráficos.
  • Proxectos de deseño infográfico: elaboración de gráficos.
  • Infografía editorial.
  • Infografía interactiva e multimedia.
  • Gráficos en movemento.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.