Linguaxes da Comunicación Visual

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica ( T.P.)
  • Curso: 2º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual (150)
  • Horas de clase semanais: 2 (72 totais)
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

A linguaxe visual. Gramática das mensaxes visuais.
Composición e técnicas de expresión visual.
Análise e elaboración de mensaxes visuais. Códigos e soportes comunicativos.
Investigación e experimentación propias da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

A disciplina profundiza na comprensión das estratexias da comunicación gráfica para capacitar ao alumnado na elaboración de mensaxes visuais adecuados e efectivos.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo.

T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica construtiva no traballo en equipo.

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos ideas e solucións viables.

T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e do espírito emprendedor no exercicio profesional.

Competencias xerais

X.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.12. Afondar na historia e a tradición das artes e o deseño.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

Competencias específicas da titulación

E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.

E.G.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

E.G.7. Determinar, e no seu caso, crear solucións tipográficas adecuadas aos obxectivos do proxecto.

E.G.8. Coñecer as canles que sirvan de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.

E.G.11. Dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación visual.

Contidos

  • A linguaxe visual. Gramática das mensaxes visuais.
  • Composición e técnicas de expresión visual.
  • Análise e produción de mensaxes visuais. Códigos e soportes comunicativos.
  • Investigación e experimentación propias da materia.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.