Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.
- Web escolas: eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Optativas
- Disciplina: Mercadotecnia e comunicación
- Carácter: Optativa (Op.)
- Tipo: Teórico-práctica (T.P)
- Curso: 3º
- Créditos ECTS: 6
- Duración: Anual
- Horas de clase semanais: 2 (72 totais)
- Horas de traballo non presencial: 72 horas
- Horas de titoría: 6
Descritores
Natureza e alcance da mercadotecnia.
Variables da mercadotecnia.
A estratexia da mercadotecnia.
Principios da comunicación.
Elementos do proceso comunicativo.
A estratexia de comunicación.
Relación con outras disciplinas de contidos progresivos
Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.
Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
Comprender os fundamentos da mercadotecnia e a súa relación coa elaboración de estratexias de comunicación efectivas.
Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Formativa
- Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
- Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
Sumativa
- Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
- Establecer balances dos resultados.
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.
Competencias transversais
T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T.8. Desenvolver razoada e críticamente ideas e argumentos.
T.12. Adaptarse, en condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.
T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.
Competencias xerais
X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
X.5. Actuar como mediadores/as entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.
X.6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.
X.8. Propoñer estratexias de investigación e innovación para resolver expectativas centradas en funcións, necesidades e materiais.
X.9.Investigar nos aspectos intanxibles e simbólicos que inciden na calidade.
X.11. Comunicar ideas e proxectos aos/ás clientes/as, argumentar razoadamente, saber avaliar as propostas e canalizar o diálogo.
X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural no que ten lugar o deseño.
X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.
X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.
Competencias específicas da titulación
E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.
E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.
E.G.8. Coñecer as canles que sirven de soporte á comunicación visual e utilizalas conforme aos obxectivos comunicativos do proxecto.
Contidos
- Natureza e alcance da mercadotecnia.
- Variables da mercadotecnia.
- A estratexia da mercadotecnia.
- Principios da comunicación.
- Elementos do proceso comunicativo.
- A estratexia da comunicación.
Organización
Distribución horaria
A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.