Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.
- Web escolas: eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Optativas
- Disciplina: Novos comportamentos do deseño gráfico
- Carácter: Optativa (Op.)
- Tipo: Teórico-práctica (T.P)
- Curso: 3º
- Créditos ECTS: 6
- Duración: Anual
- Horas de clase semanais: 2
- Horas de traballo non presencial: 72
- Horas de titoría: 6
Descritores
Coñecemento, análise e significado do deseño gráfico. Deseñadores e tendencias.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.
Relación con outras disciplinas de contidos progresivos
Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.
Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
Coñecer a historia da arte e o deseño e a súa vinculación coas manifestacións da actualidade.
Adquirir, a través do coñecemento e reflexión sobre o contexto histórico, social e cultural no que se desenvolven as artes e o deseño, unha formación crítica sobre estilos e movementos, tendencias e deseñadores.
Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Formativa
- Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
- Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
Sumativa
- Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
- Establecer balances dos resultados.
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.
Competencias transversais
T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.
T.7. Utilizar as habilidades comunicativas e a crítica constructiva no traballo en equipo.
T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.
T.17. Contribuir coa súa actividade profesional á sensibilización social da importancia do patrimonio cultural, a súa incidencia nos diferentes ámbitos e a súa capacidade de xerar valores significativos.
Competencias xerais
X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
X.5. Actuar como mediadores entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.
X.5. Actuar como mediadores entre a tecnoloxía e a arte, as ideas e os fins, a cultura e o comercio.
X.6. Promover o coñecemento dos aspectos históricos, éticos, sociais e culturais do deseño.
X.12. Afondar na historia e a tradición das artes e o deseño.
X.13. Coñecer o contexto económico, social e cultural no que ten lugar o deseño.
X.14. Valorar a dimensión do deseño como factor de igualdade e de inclusión social e como transmisor de valores culturais.
X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.
Competencias específicas da titulación
E.G.13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico no que se desenvolve o deseño gráfico.
E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do medio ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.
Contidos
- A reacción gráfica contra “L’École de Beaux Arts”.
- Deseño gráfico e comunicación dende a segunda metade do século XX ata a actualidade.
- Novos camiños do deseño gráfico: Deseño dixital e deseño en movemento.
Organización
Distribución horaria
A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.