Organización e lexislación

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 3º
  • Créditos ECTS: 4
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 2
  • Horas de traballo non presencial: 24
  • Horas de titoría: 4

Descritores

Propiedade intelectual e industrial.
Organización e economía de empresa.
Técnicas de análise de mercado.
Fundamentos da economía de produción.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Esta disciplina proporciona o coñecemento básico do funcionamento dunha empresa, a súa organización e a lexislación que enmarca o seu exercicio profesional.

Nun ámbito altamente competitivo, o/a deseñador/a necesita mais que nunca coñecementos básicos sobre xestión empresarial e sobre a normativa que afecta á súa actividade profesional, que o/a capacite eficazmente na toma de decisións, as actuacións no ámbito interno e as relacións que se establecen co mercado, incluíndo a protección dos dereitos do traballo de deseñador/a. Estes son coñecementos fundamentais para poder aplicar e exercer con solvencia o seu talento e creatividade no mundo profesional.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

Competencias xerais

X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.7.  Organizar, dirixir e/ou coordinar equipos de traballo e saber adaptarse a equipos multidisciplinares.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.22. Analizar, avaliar e verificar a viabilidade produtiva dos proxectos, desde criterios de innovación, xestión empresarial e demandas.

Competencias específicas da titulación

E.G.13. Coñecer o contexto económico, social, cultural e histórico en que se desenvolve o deseño gráfico.

E.G.14. Comprender o marco legal e regulamentario que regula a actividade profesional, a seguridade e saúde laboral e a propiedade intelectual e industrial.

E.G.15. Reflexionar sobre a influencia social positiva do deseño, valorar a súa incidencia na mellora da calidade de vida e do ambiente e a súa capacidade para xerar identidade, innovación e calidade na produción.

Contidos

  • Propiedade intelectual e industrial.
  • Organización e economía de empresa.
  • Técnicas de análise de mercado.
  • Fundamentos da economía de produción.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.