Packaging

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 3º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 2 (72 totais)
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Historia. Procesos do deseño, tipoloxía de envases, etiquetado e eco-pakaging.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Coñecer a historia e as características dos envases, a súa clasificación e funcións, para relacionar o deseño gráfico co deseño estrutural para desenvolver proxectos de deseño de packaging.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.16. Usar os medios e recursos ao seu alcance con responsabilidade cara ao patrimonio cultural e medioambiental.

Competencias xerais

X.4. Ter unha visión científica sobre a percepción e o comportamento da forma, da materia, do espazo, do movemento e da cor.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

Competencias específicas da titulación

E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

E.G.4. Dominar os procedementos de creación de códigos comunicativos.

E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.

Contidos

  • Historia do packaging: orixes culturais e sociais dos envases.
  • Tipoloxía de envases: funcións e materiais.
  • Proceso de deseño de envases: a linguaxe visual e estrutural.
  • Envases e branding: a función dos envases na imaxe de marca.
  • Etiquetaxe, marcaxe e codificación: símbolos legais.
  • Eco-deseño de envases: o ciclo de vida dos envases.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.