Este sitio web utiliza cookies para que podamos brindarlle a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase na seu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando regresa ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web resúltanlle máis interesantes e útiles.
- Web escolas: eapicasso.com
- Mail: escola.arte.pablo.picasso@edu.xunta.es
- Materia: Proxectos de deseño gráfico
- Disciplina: Proxectos de deseño gráfico I
- Carácter: Obrigatoria na especialidade (O.E.)
- Tipo: Teórico-práctica (T.P)
- Curso: 1º
- Créditos ECTS: 12
- Duración: Anual
- Horas de clase semanais: 6
- Horas de traballo non presencial: 72
- Horas de titoría: 12
Descritores
Definición e realización de proxectos.
Metodoloxía e investigación. Estratexia e criterios de decisión, innovación e calidade.
Técnicas para a visualización de ideas. Identidade corporativa e de produto. Envase e embalaxe.
A gráfica e o tratamento gráfico da información. Gráfica e comunicación aplicadas ao espazo. Sinalética. Deseño editorial.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.
Relación con outras disciplinas de contidos progresivos
Esta disciplina é chave para poder cursar Proxectos de Deseño Gráfico II do segundo curso destas ensinanzas.
Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación
Con esta materia preténdese que o alumnado coñeza, aplique e desenvolva correctamente as técnicas e os procedementos propios do deseño gráfico, que poida xerar solucións creativas aos problemas de forma e función mediante a análise e a determinación dos seus valores simbólicos e comunicativos, así como argumentar o proceso de traballo na aula, anticipándose á comunicación co cliente no futuro, de forma que se reflicta o traballo tanto conceptual como técnico propio do deseñador con honestidade e claridade. Por outra banda, tamén se busca que se adapte aos tempos e sexa resolutivo ante as limitacións propias de cada proxecto como un avance aos procesos de traballo nunha contorna laboral.
Metodoloxía
Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.
Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.
Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.
Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.
Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.
Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.
Actividades de avaliación
Formativa
- Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
- Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.
Sumativa
- Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
- Establecer balances dos resultados.
Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.
Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.
Competencias transversais
T1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.
T2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.
T3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.
T8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.
Competencias xerais
X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.
X.3. Establecer relación entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.
Competencias específicas da titulación
E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.
E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.
E.G.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.
E.G.7. Determinar, de ser o caso, crear solucións tipográficas adecuadas aos obxectivos do proxecto.
E.G.12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.
Contidos
- Definición e realización de proxectos.
- Metodoloxía e investigación.
- Estratexia e criterios de decisión, innovación e calidade.
- Técnicas para a visualización de ideas.
- Identidade corporativa e de produto.
- Envase e embalaxe.
- A gráfica e o tratamento gráfico da información.
- Gráfica e comunicación aplicadas ao espazo. Sinalética.
- Deseño editorial.
Organización
Distribución horaria
A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.