Sistemas de representación

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P.)
  • Curso: 1º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 2
  • Horas de traballo non presencial: 72
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Xeometría plana e descritiva.
Coñecemento e análise dos distintos sistemas de representación.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Esta disciplina posibilita a utilización dos elementos do debuxo técnico como medio de reflexión e comunicación. Facilita que o alumnado aprenda a analizar, interpretar, adaptar e producir información relativa á representación gráfica técnica. Permítelle racionalizar as ideas espaciais así como xerar, interpretar e transmitir descricións gráficas.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realizar.

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T.14 Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

Competencias xerais

X.1. Concibir, planificar e desenvolver proxectos de deseño de acordo cos requisitos e condicionamentos técnicos, funcionais, estéticos e comunicativos.

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.21. Dominar a metodoloxía de investigación.

Competencias específicas da titulación

E.G.2. Dominar os recursos formais da expresión e a comunicación visual.

E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

E.G.6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

Contidos

  • Trazados xeométricos elementais.
  • Proporcionalidade, semellanza, escalas.
  • Sistemas de representación: diédrico, axonométrico e cónico.
  • Normas referentes no debuxo técnico.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.