Tecnoloxía dixital

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (T.P)
  • Curso: 1º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 3
  • Horas de traballo non presencial: 36
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Fotografía e medios audiovisuais
Representación gráfica mediante tecnoloxía dixital
Coñecemento de software aplicable ás dúas dimensións, aplicación na elaboración de proxectos.
Coñecemento e análise das distintas técnicas de presentación dixital: maquetación.
Métodos de investigación e experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Ésta é unha disciplina de contido progresivo, é chave para poder cursar Tecnoloxía Dixital Aplicada I, no segundo curso destas ensinanzas.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Esta disciplina é fundamental para utilizar os procedementos básicos empregados na representación gráfica dixital e deseño por computador, de tal forma que utilice as novas tecnoloxías como técnica de aplicación no proceso creativo e produtivo e como instrumento de comunicacion e xestión. Do mesmo xeito proporciona os conceptos, a terminoloxía básica e as técnicas aplicables no campo da tecnoloxía dixital para a elaboración de proxectos de deseño, utilizando de modo axeitado a metodoloxía de investigación e a experimentación no traballo con tecnoloxía.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias

Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.1. Organizar e planificar o traballo de forma eficiente e motivadora.

T.3. Solucionar problemas e tomar decisións que respondan aos obxectivos do traballo que se realiza.

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T.12. Adaptarse, en condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

T.15. Traballar de forma autónoma e valorar a importancia da iniciativa e o espírito emprendedor no exercicio profesional.

Competencias xerais

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.10. Ser capaces de adaptarse aos cambios e á evolución tecnolóxica industrial.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

Competencias específicas da titulación

EG3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

EG6. Interrelacionar as linguaxes formal e simbólica coa funcionalidade específica.

EG12. Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.

Contidos

  • Conceptos xerais de informática: hardware e software. Imaxe dixital: bitmap e vectorial.
  • Software de deseño vectorial.
  • Softwarte de mapa de bits.
  • Software de autoedición e maquetación.
  • Captación e edición de imaxe fotográfica e audiovisual.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.