Tipografía

Datos da disciplina

  • Tipo: Teórico-práctica (TP.)
  • Curso: 2º
  • Créditos ECTS: 6
  • Duración: Anual
  • Horas de clase semanais: 4
  • Horas de traballo non presencial: 0
  • Horas de titoría: 6

Descritores

Escritura e comunicación. Tecnoloxía tipográfica. Historia e evolución
A caligrafía. Ortografía e lexibilidade. Arquitectura e estilos tipográficos. Tipografía e estrutura da información. Sistemas reticulares.
Métodos de experimentación propios da materia.

Relación con outras disciplinas de contidos progresivos

Esta disciplina non ten relación con outras de contidos progresivos.

Interese da disciplina para a consecución dos obxectivos da titulación

Nesta disciplina o alumnado coñecerá e manexará os conceptos e técnicas relacionados coa tipografía, a aplicación axeitada dos recursos tipográficos en función dun obxectivo e funcionalidade determinados; así como a análise, avaliación e verificación da viabilidade dos proxectos, a súa calidade e a súa lexibilidade.

Metodoloxía

Actividades introductorias
Explicación aos alumnos/as do desenvolvemento da materia ao longo do curso, incidindo nas competencias e nos contidos que se traballan, a metodoloxía e o sistema de avaliación.

Exposición maxistral
Explicación por parte do profesorado na aula dos contidos dos temas ou unidades didácticas enumeradas.

Prácticas presenciais
Resolución por parte do alumnado dos exercicios prácticos propostos en cada tema, a partires dos contidos teóricos.

Prácticas non presenciais
Resolución por parte do alumnado das actividades e problemas propostos nalgúns temas mediante traballos autoxestionados onde completará os coñecementos teórico-prácticos.

Exposición e debate
Exposición e defensa por parte do alumnado de algún dos traballos realizados ao longo do curso.

Titorías docentes
A súa finalidade é resolver dúbidas, tutelar e coordinar as prácticas.

Actividades de avaliación

Formativa

  • Comprende o funcionamento cognitivo fronte as tarefas.
  • Adaptar os procesos aos progresos e dificultades.

Sumativa

  • Comprobar si se adquiriron as competencias previas.
  • Establecer balances dos resultados.

Actividades complementarias
Actividades realizadas para complementar a formación, academicamente dirixidas, relacionadas cos contidos e realizadas no centro ou fora del.

Acadar as competencias traversais, xerais e específicas da titulación durante o desenvolvemento da disciplina.

Competencias transversais

T.2. Recoller información significativa, analizala, sintetizala e xestionala adecuadamente.

T.4. Utilizar eficientemente as tecnoloxías da información e a comunicación.

T.8. Desenvolver razoada e criticamente ideas e argumentos.

T.12. Adaptarse, en condicións de competitividade, aos cambios culturais, sociais e artísticos e aos avances que se producen no ámbito profesional e seleccionar as canles adecuadas de formación continuada.

T.14. Dominar a metodoloxía de investigación na xeración de proxectos, ideas e solucións viables.

Competencias xerais

X.2. Dominar as linguaxes e recursos expresivos da representación e a comunicación.

X.3. Establecer relacións entre a linguaxe formal, a linguaxe simbólica e a funcionalidade específica.

X.17. Propoñer, avaliar e desenvolver estratexias de aprendizaxe adecuadas ao logro de obxectivos persoais e profesionais.

X.18. Optimizar a utilización dos recursos necesarios para alcanzar os obxectivos previstos.

X.19. Demostrar capacidade crítica e saber formular estratexias de investigación.

X.20. Comprender o comportamento dos elementos que interveñen no proceso comunicativo, dominar os recursos tecnolóxicos da comunicación e valorar a súa influencia nos procesos e produtos do deseño.

Competencias específicas da titulación

E.G.3. Comprender e utilizar a capacidade de significación da linguaxe gráfica.

E.G.5. Establecer estruturas organizativas da información.

E.G.7. Determinar e, no seu caso, crear solucións tipográficas adecuadas aos obxectivos do proxecto.

E.G.9. Analizar o comportamento dos/as receptores/as do proceso comunicacional en función dos obxectivos do proxecto.

E.G.12 Dominar a tecnoloxía dixital para o tratamento de imaxes, textos e sons.

Contidos

  • Conceptos fundamentais de tipografía.
  • Historia e evolución da escritura e da tipografía.
  • Carácter tipográfico: morfoloxía, descrición e características do tipo.
  • Ortotipografía e lexibilidade: Ergonomía e regras básicas.
  • Composición tipográfica.
  • Creación de fontes tipográficas.

Organización

Distribución horaria

A ensinanza é de caracter presencial e asistencia obrigatoria.
A avaliación é continua e o alumno/a disporá de dúas convocatorias por ano académico, ordinaria e extraordinaria.